Ola amiguiñxs:
Quería contarvos que a rapazada de infantil tivo unha visita moi especial do alumnado de IES Johan Carballeira acompañados de Noelia, a súa profe, para contarlles contos falando coas mans.
Que ben o pasaron!!! Cantaron, contaron e signaron "Lúa", "Animais" e "Violín" e aprenderon signos novos pero sen dúbida o seu preferido foi "¡Que llega el Lobo! unha historia que engancho dende o primeiro momento e que rematou cun gran sorriso de todxs co seu final inesperado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario