venres, 23 de febreiro de 2024

VISITA DE DAVID GÓMEZ

O alumnado de 5º de primaria contou cunha visita fantástica e da que gozou moito: DAVID GÓMEZ que é un deportista que ten unha ampla carreira no mundo do fútbol e que, nos últimos anos,  se dedica a ser adestrador. Ademais de adestrar a equipos da nosa vila, estivo no corpo técnico dos equipos base do F.C. Barcelona e, actualmente, está co-liderando a SELECCIÓN DE FÚTBOL DE BANGLADESH.


Deunos unha charla na que nos demostrou que se tes un soño hai que loitar e traballar duro para conseguilo. Falounos da importancia do deporte na súa vida e como a el estalle dando grandes oportunidades, como viaxar arredor do mundo. En todo momento destacou a importancia de rodearse de boas persoas que se convertiron nos seus amigos e familia. 

Durante estes días o alumnado de 5ºA e 5º B estivo preparando a súa visita: leron noticias súas en xornais, prepararon as preguntas que querían facerlle, fixeron un guion para entrevistalo na radio do cole... Logo da charla a todo o grupo, Sabela, Dani, Daniela e Javi fixéronlle unha entrevista na radio, e Rubén gravou un vídeo para inmortalizar este momento tan especial. A profe Marta axudou na gravación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario