domingo, 16 de febreiro de 2025

AS ROMARÍAS DE BUEU

 O 7 de febreiro o profe Arturo Sánchez, historiador e documentalista, veu a nosa biblioteca para falarnos das romarías de Bueu.

Empezou aclarando o significado da palabra ROMARÍA dende o punto de vista etimolóxico e dixo que unha romaría é unha viaxe, un camiño.

Logo comentou que as romarías existen dende moi antigo como está documentado nas cantigas dos xograres e que normalmente non tiñan connotacións relixiosas, pero a medida que o cristianismo foi medrando en occidente, co camiño de Santiago tamén se introduciron os ritos católicos e nos espazos de celebración se construíron ermidas ou capelas.
Ademais, explicou que en Bueu conmemóranse diferentes romarías, cada unha delas ten un santo ou unha santa á que os seus fieis veneran: San Amedio, Santa Efixenia, SAntos Reis, Santiago de Hermelo... pero todas teñen en común a parte pagá de actividades populares e tradicionais, comidas campestres, reunións familiares e de amigos, xogos, actuacións de grupos, de música tradicional, bandas e actos culturais...

Por último, centrouse máis na Romaría das Letras Galegas que se celebra en maio en San Amedio, pois o alumnado de 1 e 2º teñen que investigar os aspectos principais que definen esta romaría. 

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O martes 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e da Nena na Ciencia para darlle visibilidade  e recoñecer o papel das mulleres no campo da ciencia e da investigación.

O alumnado de 3º de primaria investigou a varias mulleres científicas. Para rematar o seu proyecto foron á radio para gravar o resultado das súas pesquisas.



RECREOS DE CONTO

 O xoves 13 se Febreiro un grupo de axudantes de Papirus de 6º representou ante o alumnado de 1º e 2º o conto “MARUXA” da editorial OQO

Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía. Mais un día…

Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.

Foi un rato moi divertido xa que o fixeron moi ben. Aquí vos deixo algún momento da súa actuación.