sábado, 16 de febreiro de 2013

RECITANDO A ROSALÍA


FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. 
Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. 
A AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) propón aos centros do ensino a inclusión nese día de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos.
ACTIVIDADES DA AELG
Dende o noso cole tamén queremos contribuír a esa homenaxe  á nosa gran poeta que trascende de maneira universal ao longo dos tempos.
FARENHEIT 451
Para a actividade que propoñemos tomamos como referencia a novela distópica (trata unha sociedade ficticia non desexable en sí mesma) “Fahrenheit 451 “ do escritor estadounidense Ray Bradbury publicada en 1953. O título fai referencia á temperatura na escala Fahrenheit á que o papel dos libros se inflama e arde.. Posteriormente levouse ao cine nunha película dirixida por François Truffaut.
No mundo que describe Ray Bradbury en Fahrenheit 451  os libros están prohibidos. Sen embargo, hai persoas que se resisten e o fan aprendéndose un libro cada unha de elas. “Somos miles as persoas que levamos un libro na nosa cabeza, bibliotecas itinerantes” 
PERSOAS LIBRO
Con esta base nace o  Proxecto Fahrenheit 451 (as persoas libro) que busca eso mesmo: que a poboación ande por aí recitando en voz alta os seus libros. É máis que un proxecto, é un movemento cidadá que busca crear unha organización sempre aberta, progresiva, sen fronteiras nin no tempo nin no espazo, para amosar que hai beleza, intelixencia e sensibilidade nas palabras dos seres humanos de todas as culturas e abrir  un rasquizo á esperanza de encontro e a convivencia.

Dende os Equipos de Dinamización e Biblioteca propoñemos que cada grupo-clase escolla un poema do libro CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro e o aprenda de memoria para despois recitalo . Será un recital compartido.
Podes consultar máis entradas sobre esta gran poeta galega neste mesmo blog, premendo na imaxe de Rosalía de Castro que se atopa no lateral.


Ningún comentario:

Publicar un comentario