O 7 de febreiro o profe Arturo Sánchez, historiador e documentalista, veu a nosa biblioteca para falarnos das romarías de Bueu.
Empezou aclarando o significado da palabra ROMARÍA dende o punto de vista etimolóxico e dixo que unha romaría é unha viaxe, un camiño.
Logo comentou que as romarías existen dende moi antigo como está documentado nas cantigas dos xograres e que normalmente non tiñan connotacións relixiosas, pero a medida que o cristianismo foi medrando en occidente, co camiño de Santiago tamén se introduciron os ritos católicos e nos espazos de celebración se construíron ermidas ou capelas.
Ademais, explicou que en Bueu conmemóranse diferentes romarías, cada unha delas ten un santo ou unha santa á que os seus fieis veneran: San Amedio, Santa Efixenia, SAntos Reis, Santiago de Hermelo... pero todas teñen en común a parte pagá de actividades populares e tradicionais, comidas campestres, reunións familiares e de amigos, xogos, actuacións de grupos, de música tradicional, bandas e actos culturais...
Por último, centrouse máis na Romaría das Letras Galegas que se celebra en maio en San Amedio, pois o alumnado de 1 e 2º teñen que investigar os aspectos principais que definen esta romaría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario