domingo, 12 de outubro de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS (13 de outubro)

 O luns 13 de outubro celébrase a X edición do DÍA DAS ESCRITORAS e como sempre xa temos preparada a nosa exposición de libros en galego das nosas escritoras preferidas.


Anímate a levar algún en empréstito para ler na casa!!!

Dende Bibliotecas Escolares nos chega o cartel conmemorativo co lema deste ano "1975, ESCRIBIDE COMPAÑEIRAS" unha reivindicación do legado das escritoras ao longo da historia:

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

Tamén nos deixan unha proposta de textos en galego, mantendo a ortografía orixinal do momento histórico no que foron creados para reflexar as dificultades de escribir en galego nesa época.

SELECCIÓN DE TEXTOS EN GALEGO

E agora sodes vos os encargados/as de darlle visibilidade as nosas escritoras galegas a través da lectura dos seus libros e de todas as actividades que faredes na aula coas vosas titoras/es. Compartide conmigo algunha imaxe deses momentos que tamén formarán parte da nosa historia.

mércores, 1 de outubro de 2025

BENVIDOS/AS UN ANO MÁIS AO BIBLIOCASTELO

 Ola amiguiños/as:

Empeza un novo curso e o noso Bibliocastelo volve cobrar vida. 



E como non podía ser doutra maneira, as nosas mochilas viaxeiras énchense de lecturas rumbo aos vosos fogares de novo.

Como podedes observar este ano estamos de estrea, MOCHILAS NOVAS, e chaveiro identificativo novo tamén, feito coa nosa impresora 3D. Agardo que sexa do voso gusto e sobre todo desexo que TEÑADES MOI BOAS LECTURAS.