venres, 19 de decembro de 2025

MELLORES LECTORES/AS DO BIBLIOCASTELO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Agora que remata o trimestre e se achega o Nadal, gustaríame felicitar aos rapaces e rapazas que máis libros levaron en empréstito da nosa biblioteca dende setembro, porque LER É IMPORTANTE E SE O FACEMOS POR GUSTO É UN PRACER.

1º PREMIO: Izan Garrido de 4º primaria

2º PREMIO: Uxía Loira de 5º infantil

3º PREMIO: Aroa Bastón de 4º primaria

4º PREMIO: Alba Carballo de 4º de primaria

5º PREMIO: Sheyla Ares de 4º de primaria

O xoves 18 de decembro durante o recreo van recibir unha pequena homenaxe e un agasallo porque LER PAGA A PENA SEMPRE


NORABOA A TODOS E TODAS!!! 
QUE AS BOAS LECTURAS ILUMINEN OS VOSOS DÍAS!!!



xoves, 18 de decembro de 2025

3º XUNTANZA DO CLUB DE PAPIRUS

 Nos últimos días de decembro, antes das vacacións de Nadal, o Club de Papirus volveuse xuntar no Bibliocastelo. Nesta ocasión para cambiar impresións sobre os libros  O PAÍS DA CHOIVA de Miguel Ángel Alonso e EL VALLE DE LOS LOBOS de Laura Gallego.



A avaliación polo de agora é positiva, aínda  que nesta última xuntanza faltaron algúns nenos/as xa que era en horario de tarde. Nestes últimos días tivemos dúas incorporacións tardías, así que contamos con dous alumnos máis para o seguinte trimestre no noso club.

Un saúdo e BOAS FESTAS! VÉMONOS Á VOLTA CON NOVAS LECTURAS!!!



luns, 15 de decembro de 2025

GUÍAS DE LECTURA NADAL

 SEMENTANDO LETRAS, RECOLLENDO HISTORIAS

Compartimos as lecturas seleccionadas pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrzo para que agasalledes LECTURAS EN GALEGO.

Agardo que sexan do voso agrado


luns, 1 de decembro de 2025

LER NO NADAL

 Ola amiguiños e amiguiñas,

Aquí vos deixo algunhas recomendacións de lecturas invernais e de nadal para gozar no sofa, envoltos na manta, neses días de frío e chuvia.


Agardo que sexan do voso agrado!