martes, 21 de decembro de 2010

OBRADOIROS DE NADAL

O venres 10 de decembro, aproveitando a semana da ponte, levamos a cabo os xa tradicionais OBRADOIROS DE NADAL. Cada ciclo foi pasando, por turno, polos catro talleres que organizan os especialistas do cole e algunhas mamás dos máis pequenos/as.
A continuación poderedes ver a distribución por ciclos e un pequeno resumo acompañado das fotos de cada obradoiro.
  • OBRADOIROS DO PRIMEIRO CICLO
OBRADOIRO PLÁSTICO
Como todos os anos preparamos o noso Belén de plastilina coa axuda das mamas dos nenos e nenas do primeiro ciclo. Que bonito quedou na entrada principal do noso cole!!!


OBRADOIRO DECORATIVO
A profe Lina ensinounos a facer estrelas para decorar o fondo do Belén de plastilina. Tamén fixemos as letras que podedes ver na entrada do cole, encima do Belén.


OBRADOIRO BILINGUE
Aprendemos coa profe Marina vocabulario en inglés sobre o Nadal, despois xogamos coa pizarra dixital e por último coloreamos uns debuxos para facer un mural que xa decora o corredor do 1º ciclo.



OBRADOIRO RECREATIVO
Coa profe Geli fixemos un mural precioso dun barco, que fomos enchendo con noces. Tamén pintamos letras e debuxos de animais para completar o mural.




  • OBRADOIROS DO SEGUNDO CICLO
OBRADOIRO DECORATIVO
Coa profe Carmen decoramos unha árbore de Nadal cos nosos mellores desexos para o ano que vai vir. Quedounos chulísima!!!




OBRADOIRO RECREATIVO

Moitos xogos e diversión no ximnasio coa profe Bea. Que rapaces/as tan habilidosos e que ben o fixeron!!!




OBRADOIRO MÁXICO
Como xa ven facendo desde hai uns anos, O Mago Ramón fíxonos pasar un rato moi divertido cos seus trucos de maxía na sala de usos múltiples.



OBRADOIRO BILINGUE
Hannah ensinounos vocabulario en inglés, relacionado co Nadal, xogando a un Bingo moi especial,
onde os números eran imáxenes.


  • OBRADOIROS DO TERCEIRO CICLO
OBRADOIRO RECREATIVO
No patio cuberto xogamos, con Goretti, en dous equipos a ver quen era quen de poñer máis prendas de roupa enriba.



OBRADOIRO DECORATIVO
Con Elena, na ludoteca, fixemos unhas postais de felicitación de Nadal que puxemos na cristaleira da entrada do cole, onde todo o mundo as puidese ver.



OBRADOIRO MUSICAL
Na aula de música bailamos a Danza dos machetes con Nuria, a profe de música. Pasámolo en grande!!!



OBRADOIRO LITERARIO
Xogamos na biblioteca, con Luisa, seguindo pistas para descubrir mensaxes secretas nos libros. Demostramos que somos bos e asiduos lectores e que coñecemos os libros que hai na biblioteca.

RECREOS DE CONTO




Ana de 6ºA cóntanos como un cambio de domicilio pode ser un motivo para reunir aos membros máis próximos da familia.
Moitas grazas Ana polo teu tempo!!!

sábado, 11 de decembro de 2010

MARIO VARGAS LLOSA RECIBE O PREMIO NOBEL EN ESTOCOLMO

No discurso de entrega dos Premios Nobel, Mario Vargas Llosa fai un eloxio á lectura e á ficción. "Aprender a ler foi a cousa máis importante que lle sucedeu nesta vida. A lectura convirte a vida en soño e o soño en vida. A boa literatura é unha ponte entre xentes distintas". Estas son algunhas das moitas reflexións que aparecen neste precioso discurso. Preme na imaxe para escoitalo en primeira persoa, da voz do autor.


venres, 10 de decembro de 2010

CARTEL NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Este é o cartel que se fixo tomando como referencia e base o que diseñou Laura Pérez Nores e que resultou gañador co Concurso de Carteis "A violencia de Xénero" convocado polo Centro de Información de Mulleres co Concello de Bueu.



Preme no cartel para acceder ao orixinal.

RECURSOS PARA O NADAL

Preme na imaxe e atoparás un monton de recursos para traballar na clase agora que se achega o Nadal.

luns, 6 de decembro de 2010

DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

O 6 de decembro e o Día da Constitución española. É un día festivo en toda España no que se conmemora a celebración do Referéndum Constitucional de 1978 no que o pobo español aprobou por amplia maioría a actual Constitución Española, en vigor desde entón.

A Constitución Española de 1978 é a norma suprema do ordenamiento xurídico do Reino de España, á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns.

Preme na imaxe

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade. O tema para o ano 2010 é "Manter a promesa: incorporación da discapacidade nos obxectivos de desenvolvemento do Milenio cara 2015 e máis alá".

Preme na imaxe

A celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade ten por obxecto axudar a entender os dereitos das persoas con discapacidade e os beneficios que se derivarían da integración destas persoas en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.