Estamos impacientes agardando a VISITA DE GONZALO MOURE prevista para o mércores día 8 de xaneiro. É a segunda vez que visita o noso Bibliocastelo e como xa o coñecemos sabemos que os rapaces e rapazas do 2º ciclo van gozar moito coa súa presenza.
Polo de agora xa o están pasando ben cos seus libros:
Os alumn@s de 3º están a ler CAMA Y CUENTO, a súa protagonista, Malva, xa é maior pero non quere perder o momento máxico no que a súa nai lle le contos pola noite antes de durmir. Unha historia preciosa para nais/pais e fill@s.
Os nen@s de 4º están a ler LOS CABALLOS DE MI TÍO. Darío, un neno de cidade que ten 10 anos vai veranear á finca dos seus tíos en Asturias. Alí coñecerá a Gioconda e Leonardo, dous cabalos aos que coidará e aprenderá a tratar, descubrindo que os animais teñen sentimentos e necesitan afecto.
Para saber máis accede ao noso CADERNO DE VISITAS
sábado, 4 de febreiro de 2012
mércores, 1 de febreiro de 2012
SI QUE CHE GUSTA LER
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vén de presentar unha campaña de lectura dirixida a mozos e mozas de 14 a 18 anos. Preme na imaxe e xoga.
UN ENTROIDO MEDIEVAL
Este ano o Ceip A Pedra vai volver atrás no tempo, viaxaremos ata a IDADE MEDIA e coñeceremos a época dos cabaleiros e dos señores feudais. Aprenderemos quenes e como eran os habitantes dos castelos e investigaremos como era a sociedade daquela época.
E cando chegue o Entroido sairemos polas rúas de Bueu cos nosos fermosos traxes medievais.
Para que cheguedes a ser uns expertos en cuestións do medievo, empezaremos por visitar un castelo medieval pero non é un castelo calquera, preme na imaxe e xa verás...
Agora imos ver un video moi interesante sobre os castillos medievais.
Ímonos divertir un pouco, ti sabes como e a que xogaban naquela época?
Os nenos e nenas de INFANTIL DE 3 ANOS estiveron facendo un precioso castelo na súa aula como se pode ver neste video
E cando chegue o Entroido sairemos polas rúas de Bueu cos nosos fermosos traxes medievais.
Para que cheguedes a ser uns expertos en cuestións do medievo, empezaremos por visitar un castelo medieval pero non é un castelo calquera, preme na imaxe e xa verás...
![]() |
| WEBQUEST 2º E 3º CICLO |
![]() |
| WEBQUEST SERVOS E VASALLOS |
Agora imos ver un video moi interesante sobre os castillos medievais.
Ímonos divertir un pouco, ti sabes como e a que xogaban naquela época?
![]() |
| WEBQUEST: XOGOS NA IDADE MEDIA |
![]() |
| WEBQUEST 5º PRIMARIA |
Entra nun castelo medieval premendo AQUÍ
PROXECTO MEDIEVAL para traballar cos rapaces e rapazas de Educación infantil
PROXECTO MEDIEVAL para traballar cos rapaces e rapazas de Educación infantil
Os nenos e nenas de INFANTIL DE 3 ANOS estiveron facendo un precioso castelo na súa aula como se pode ver neste video
DÍA DA PAZ
O luns 30 de xaneiro, celebramos no patio do cole de Primaria, , o DÍA DA PAZ.
Nenos e nenas dos distintos cursos leron algunhas das boas noticias que están expostas no mural da entrada do cole.
Todos xunt@s cantamos a canción de Louis Armstrong, WHAT A WONDERFUL WORLD, que preparamos nas aulas e démonos apertas de Paz, coa RUMBA DAS APERTAS.
Para rematar soltamos as pombas que voaron libres mentras tod@s nos aplaudiamos.
luns, 30 de xaneiro de 2012
A PAZ TAMÉN É SOLIDARIEDADE COS DEMAIS
O venres 27, dentro das acividades realizadas para conmemorar o Día da Paz, contamos coa presenza duns conferenciantes moi especiais. Premede nos enlaces para saber máis.
mércores, 18 de xaneiro de 2012
RUMBA DAS APERTAS
Coa "Rumba das apertas" manifestaremos o noso Desexo de Paz o día 30 de xaneiro, así que tod@s a practicar.
venres, 13 de xaneiro de 2012
WHAT A WONDERFUL WORLD!!!
Esta é a canción escollida este ano para celebrar o DÍA DA PAZ e que cantaremos tod@s xuntos o día 30 no patio do colexio.
xoves, 12 de xaneiro de 2012
ENLACES PARA A PAZ
Co gallo da celebración do Día da Paz o próximo 30 de xaneiro aquí vos deixo uns enlaces moi interesantes:
DÍA ESCOLAR POLA PAZ
O SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ ten entre os seus obxectivos promover a Educación para a Paz a través de actividades, recursos e ligazóns. Neste enlace poderás acceder a súa páxina.
mércores, 4 de xaneiro de 2012
2012 ANO CELSO EMILIO FERREIRO
Hai cen anos nacía en Celanova o gran poeta galego CELSO EMILIO FERREIRO (4 de xaneiro do 1912). Este ano con motivo do seu centenario o Parlamento galego declarou o 2012 como ANO CELSO EMILIO FERREIRO con actividades e celebracións especiais dedicadas a conmemorar a figura do escritor. Para máis información preme na imaxe.
LONGA NOITE DE PEDRA
O teito é de pedra
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
as portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazóns dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
martes, 3 de xaneiro de 2012
O MÁIS DO 2011
Estas son as GUÍAS DE RECOMENDACIÓNS propostas en decembro do 2011 polo Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Salamanca da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, onde se ofrecen porpostas de lectura para o público infantil e xuvenil en diferentes formatos e soportes.
sábado, 31 de decembro de 2011
OBRADOIROS NADAL 2011
Como ven sendo habitual o último día de clase celebramos os Obradoiros de Nadal con distintas actividades levadas a cabo polos mestres e mestras especialistas do centro e coa colaboración de algúns PAIS E NAIS do noso alumnado que participaron con dous obradorios plásticos no 1º e no 2º ciclo. Tamén contamos co MAGO RAMÓN que coma sempre deixou a tod@s coa boca aberta cos seus trucos de maxia. Ademais a auxiliar de conversa Laura axudada pola súa curmá Zoe estiveron ao frente dun obradoiro plurilingue no que elaboraron CRACKERS. A todos eles lles damos as grazas pola súa dedicación e sobre todo por facernos pasar un tempo tan divertido.
martes, 20 de decembro de 2011
III CONCURSO DE LITERATURA MARIÑEIRA MARUSÍA DE BUEU 2011
Vense de celebrar o Concurso de Literatura Mariñeira coa participación dos centros escolares da zona. No noso cole resultamos gañadores co 1º Premio na categoría de Infantil con este precioso traballo dos nenos e nenas de 3 anos titulado "O tiburón Pepón"
No primeiro ciclo tamén obtivemos un 1º premio, esta vez foron os rapaces e rapazas de 2ºA coa súa "Pequena ollada cara o mar de Bueu"
Dentro da categoría de Traballos de investigación sobre o Mar na Ría de Bueu obtivo o 1º Premio unha alumna de 3º B Inés Hermo Sanmartín co seu traballo sobre as "Artes de Pesca"
Se queredes saber algo máis sobre este concurso podedes acceder á páxina de BUEU INFORMA premendo na imaxe.
NORABOA A TODOS OS GAÑADORES E GAÑADORAS E BOAS FESTAS DE NADAL .
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.jpg)





















