martes, 9 de febreiro de 2016

ENTROIDO ESPACIAL

Este ano tivemos un entroido espacial. O colexio encheuse de alieníxenas, lúas, estrelas, planetas do sistema solar e ata os personaxes de Star Wars viñeron visitarnos.

Despois de moito traballo, por fin chegou o gran día do desfile. Unha vez disfrazados percorremos as rúas de Bueu, enchéndoas de colorido, música e diversión. E como non...a cabeza do mesmo ía a nosa mascota Papirus co seu escafandro. Como xa sabedes, anda viaxando polo espazo, pero menos mal que nos fixo unha visita e nos acompañou neste día tan especial.

Os máis pequerrechos de tres, catro e cinco anos ían guapísimos cos seus traxes representando o sistema solar.



Ata tiñan unha carroza cun foguete chulísimo!

Os nenos e nenas de primeiro levaban un fermoso ceo estrelado


As fases da lúa: lúas cheas e menguantes foron os rapaces e rapazas de segundo.



O alumnado do segundo ciclo converteuse en alieníxenas de cores. Había unha gran variedade : cun ollo, con tres ollos. . .




E pechando o desfile a rapazallada do terceiro ciclo, que ían nada máis nin nada menos, que dos protagonistas da famosa peli : STAR WARS. Había varios Darth Vader. 


 
Tamén varias Princesas Leia.


Non podían faltar os Luke SkywalKer.

 

E algúns robot R2D2.


Tamén nos acompañou no desfile o grupo de gaitas Manxadoira. Moitas grazas!

 
E un . . . astronauta ! ? 


Cando chegamos a Praza do Concello, cada grupo cantou a súa cantiga. Se queres ler as letras das cancións preme na imaxe.


E para rematar, como en toda boa festa de Entroido, non podían faltar as filloas, as orellas, as chulas e outras lambetadas típicas desta festa. Estaba todo riquísimo! 

sábado, 30 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ

Hoxe celébrase o Día da Paz. Nós xa o festexamos onte no cole, despois do recreo. Saímos tod@s ao patio. Primeiro, por cursos fomos lendo algunha das noticias, palabras e mensaxes que estivemos recollendo e elaborando ao longo de todo o mes. 








Despois cantamos e bailamos dúas cancións, unha en galego : Baile da Paz de Mamá Cabra ; e unha en inglés : Kid´s  peace song




Para rematar a celebración soltamos dúas pombas.

ANIMACIÓN Á LECTURA
Pero isto non foi todo. Durante  o mes de xaneiro levamos a cabo unha actividade de animación á lectura relacionada con esta data : O homiño de papel.
Todo comezou un día que chegamos ao Bibliocastelo e atopamos unha caixa verde na alfombra.


Abrímola con moita ilusión! O primeiro que atopamos foi unha carta da nosa mascota, Papirus. Nela explícanos  que esta caixa é o seu agasallo. Pídenos que axudemos ao homiño de papel.



Dentro da caixa, tal como nos conta Papirus na carta,  había un libro que narra a historia dun homiño que atopou viaxando polo espazo. Este é o libro:




Tamén había un homiño branco!!!
Lemos o libro, gustounos moitísimo! Decidimos axudalo, tal como nos pedía . Entón, ao longo de todo o mes  adicámonos a recoller noticias que falasen de solidaridade, de axuda aos demais ... Tamén escribimos palabras fermosas de cores, mensaxes de Paz e con todo isto enchemos ao homiño de papel, para que así se sentise de novo feliz. Todo este traballo, no que participou todo o cole, plasmámolo nun mural que colocamos na entrada do mesmo.  





Algúns titulares das noticias recompiladas :
" Un corte de pelo solidario"
"Escolares e enfermos de Alzheimer comparten lembranzas no MARCO"
"Máis de dous millóns de heroes doan sangue en España"
"Nace na Estación Internacional a primeira flor cultivada no espazo"


Realizamos un gran traballo do que nos sentimos moi orgullosos. En agradacemento, o homiño fíxonos un agasallo, deixounos mirar dentro da caixa verde. Agardábanos unha sorpresa, había alguén moi, pero que moi importante. A persoa máis valiosa e importante do mundo. Sabedes quen é? Ollade as fotos !!    







Xa sabedes quen é, non si? A persoa máis importante do mundo e de todo o Universo, é cada un de nós. O homiño ensinounos unha fermosa lección de amor e paz :
Para poder amar, respectar e valorar aos demais, primeiro temos que querernos e aceptarnos a nós mesmos. TODOS SOMOS IGUAL DE IMPORTANTES!! 

mércores, 6 de xaneiro de 2016

OBRADOIROS DE NADAL 2015

Como xa vén sendo habitual, o último día de cole do ano, celebramos os  Obradoiros de Nadal. Houbo para todos os gustos : plástico, musical, decorativo, recreativo, plurilingüe e ata espacial. No Bibliocastelo levouse a cabo este último, relacionado co noso   proxecto, UN UNIVERSO DE LIBROS e foi sobre as constelacións, para o alumnado do 2º  ciclo.  Desenvolveuse en varias fases.


 Primeiro, tumbados na alfombra escoitamos as historias ou lendas sobre dúas das constelacións que decoran o ceo da nosa biblioteca, Orión e Pegaso. Aprendemos moitas cousas!!



Logo reproducimos nun anaco de cartolina negra a que máis nos gustou.

Por  último , representamos co corpo e coa axuda de cordas algunhas destas constelacións. Na imaxe superior,  A cruz do surNa imaxe inferior, Orión.


Pasámolo xenial!!! Se queres ver máis fotos deste obradoiro preme na seguinte imaxe.

http://segundocicloapedra.blogspot.com.es/2015/12/obradoiros-de-nadal.html

martes, 5 de xaneiro de 2016

XOSÉ NEIRA VILAS

Hoxe, 5 de xaneiro, cúmprense 55 anos da publicación de Memorias dun neno labrego  do escritor Xosé Neira Vilas, falecido o pasado mes de novembro.
 
 
É o libro en lingua galega máis reeditado e traducido e tamén un dos máis estudados e escenificados. Este volumen editouse por primeira vez, na cidade de Bos Aires, por Follas Novas, unha editorial creada polo propio Neira Vilas e pola súa muller, co propósito de difundir, dende a diáspora, o libro galego. Por iso, hoxe, a Real Academia Galega celebra este acontecemento, xa que considera que o 5 de xaneiro de 1961 é un día grande na historia editorial de Galicia, porque foi entonces cando se publicou o relato que constitúe un fito na narrativa galega do século XX. 
Para obter máis información , preme na imaxe.   
 
http://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/392028/neira-vilas-dara-nome-ao-auditorio-do-arquivo-de-galicia
 

Ademais a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia ten previsto darlle o nome de Xosé Neira Vilas ao Auditorio da Biblioteca e o Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura.