Hoxe recibimos no Bibliocastelo unha vista moi especial. Viñeron coñecer a nosa biblio e pasar un anaquiño de tempo con nós, os rapaces e rapazas do CEEPR Amicos de Oleiros ( Ribeira).
Fixeron de anfitrións os nenos e nenas de terceiro. Ensináronlles a nosa biblioteca e os diferentes recantos que a forman.
Ademais de compartir xogos e actividades, tamén compartiron lecturas.
Regaláronnos un fermoso cadro dunha árbore que representa as catro estacións que eles mesmos fixeron e que agora decora o noso bibliocastelo. Moitísimas grazas!
Despedímolos cantándolles a canción de Papirus, a nosa benquerida mascota.
Foi unha xornada de convivencia moi enriquecedora e inesquecíbel!
Hoxe visitaron o Bibliocastelo Pablo e José, dous radioafeccionados pertencentes a URE (Unión de Radioafeccionados Españois) Rías Baixas para falarnos do incríbel mundo da radio. Comentáronnos as vantaxes que ten este importante medio de comunicación :
- É a primeira rede social.
- É unha maneira de relacionarse as persoas e de facer amizades.
- É a forma máis básica e fundamental de comunicación. O primeiro sistema que se activa en caso de catástrofe é a través da radio mediante un SOS.
- É unha ferramenta imprescindible sobre todo en situacións difíciles (guerras, furacáns...), xa que é un medio que nunca falla. Nesas situacións todas as canles de comunicación desaparecen, xa que se ven afectadas, agás a radio.
Ensináronnos diferntes maneiras de comunicarse a través da radio: Morse, voz...
Tamén nos dixeron que España é unha potencia neste campo, xa que ten o maior número de licenzas de radioafeccionados. Ademais nos explicaron o significado dos distintivos de cada país e zona e o código fonético a nivel internacional.
Faláronnos dunha competición mundial, un concurso que organizan os ingleses e que se chama IOTA ISLAND ON THE AIR. Celébrase a última fin de semana de xullo. Fórmanse equipos de operadores que teñen que acadar o maior número de comunicacións tanto en Morse como en voz. Gaña o equipo que acade máis contactos e máis quilómetros de distancia. Tamén hai outros parámetros que tamén puntúan, o que máis puntos dá é contactar con illas. Así o URE Rías Baixas gañou este mundial no 2019 emitindo dende o faro da Illa de Ons. Estiveron emitindo toda a fin de semana. Noraboa por este importantísimo premio!
Moitísimas grazas, Pablo e José por compartir con todos nós os vosos coñecementos. Foi unha experiencia moi enriquecedora e interesante !
O mural da
entrada do colexio aparece de novo esta semana renovado. Agora semella
unha enorme radio con dous impresionantes altofalantes nos laterais das que
saen notas musicais.
De cada corchea
sae unha estrofa dunha canción que trata temas relacionados coa PAZ. Cada aula
do centro, dende os máis pequenos de E. Infantil ata os maiores de 6º de E.
Primaria, elixiron un tema, que puxeron no círculo da súa nota musical. Aínda
que algunhas están en castelán, francés ou en inglés, facendo honra de cole
plurilingüe, no mural todas as letras están traducidas ao galego.
·4º A
de E. Infantil: “Eu teño alguén” de María fumasa.
·4º B
de E. Infantil: “Arco da vella” de Doutor Apertas.
·5º A
de E. Infantil: “Todos somos capitáns” de Magín Blanco.
·5º B
de E. Infantil: “Baile da Paz” de Mamá Cabra.
·6º A
de E. Infantil: “De festa” de Uxía Lambona.
·6º B
de E. Infantil: “Día da Paz” de Pablo Díaz.
·1º A
de E. Primaria: “Bajo el mismo Sol” de Álvaro Soler.
·1º B
de E. Primaria: “Una receta de Paz” de Unai Quirós.
·2º A
de E. Primaria: “Que canten los niños” de Jose Luís Perales.
·2º B
de E. Primaria: ”Un mensaje al mundo” de Jorge Otamendi.
·3º A
de E. Primaria: “Friends will be friends” de Queen.
·3º B
de E. Primaria: “Que bonito es querer” de Manuel Carrasco.
·4º A
de E. Primaria: “Se buscan valientes” de Langui.
·4º B
de E. Primaria: “Paz y amor” de Gisela
·5º A
de E. Primaria: “No dudaría” de Antonio Flores.
·5º B
de E. Primaria: “De que che vale” de Jesús Pareja.
·6º A
de E. Primaria: “On écris sur le murs” de Kids United.
·6º B
de E. Primaria: “Imagine” de John Lennon.
En todas as aulas
preparouse a canción Cantarela para os nenos.Trátase dunha fermosa poesía de Neira Vilas, versionada por moitos
cantaautores galegos.Nesta ocasión o
alumnado interpretou a versión do grupo galego “Na Virada”. Para facela máis
animada foi ensaiada cunha coreografía común co fin de cantala e bailala todos
xuntos o día da Paz.>Nos días previos,
en todas as aulas se elaboraron pombas da Paz.
O día da Paz
presentouse, como non, chuvioso, polo que o alumnado de E. Infantil non puido
subir ao centro de Primaria e celebrárono no seu cole. Preme na seguinte imaxe!
O alumnado de E. Primaria reuniuse no ximnasio levando
nas súas mans as Pombas da Paz. Alí cada aula, agrupada en círculos, recitou o
cantou a estrofa da canción que puxeron no mural.
Procedeuse logo a entrega dos
premios do concurso de Selos. O gañador foi Cristian Abal Juncal de 5ºA.
Recibiu un prego con selos de curso legal que representan un bote polbeiro deseñado por el. Tamén recibiron unha mención especial os tres mellores selos de cada clase.