Ola de novo amiguiós/as:
Os trasniños/as seguen a investigar sobre os XOGOS OLIMPÍCOS.
| PREME NA IMAXE |
Ola de novo amiguiós/as:
Os trasniños/as seguen a investigar sobre os XOGOS OLIMPÍCOS.
| PREME NA IMAXE |
Ola amiguiños/as:
Co gallo das OLIMPÍADAS DE PAPIRUS, vos propoño unha nova aventura que comeza con esta carta:
Novembro foi un mes moi, moi especial para o alumnado de 4º! Conmemoraron o mes da ciencia en galego cunha chea de experimentos no espazo científico:
A rapazada de 1º andivo estes días polo recuncho científico do Bibliocastelo, descubrindo o espazo e argallando algún experimento que outro.
Coa axuda das súas mestras, investigaron a razón da flotabilidade dos ovos e pareculles algo máxico. Despois comverteron uns ovos en bolas saltarinas. Foi moi divertido e interesante!!!
Neste video podedes observar todo o proceso e se clicades AQUÍ accederedes ao seu blog onde nos explican todos os pasos que seguiron:
Para conmemorar o 25N DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, todo o alumnado participou na composición dun video a partir duns versos octosílabos que cada aula foi creando, facendo referencia a esta data sinalada.
Este mes de novembro a rapazada de 3º visitou á aula de ciencias para realizar algúns experimentos.
O primeiro foi o de “Leite de cores” co que descubriron como as cores, ao tocalas cun isótopo mollado con xabón parecían estoupar.
Tamén xogaron coa electricidade estática: o que mellor funcionou foi frotar o globo cos pelos (sobretodo se eran longos!) e despois pegábanse os papeliños. ¡Que divertido!
Para finalizar, recortaron unha flor de papel, doblárona e ao métela na auga abría soa, foi espectacular!
Co gallo do mes da ciencia en galego, o 20 de novembro, o alumnado de 2º de primaria achegouse ao espazo cientifico do noso Bibliocastelo para experimentar cos sentidos.
Coas profes Rosa e Marta probaron e trataron de adiviñar diferentes sabores e olores. Tamén tocaron o alfabeto Braille e deixaron a súa pegada dixital nun papel. Ademais xogaron a descubrir obxecto só usando o sentido do tacto.
| Preme na imaxe para acceder ao video |
O xoves 9 de novembro as miñas axudantas Paula, Lola, Noa, Alba e Kidist animaron o chuvioso recreo coa historia de "LA PRINCESA REBELDE" de Ana Kemp. Un conto diferente cunha princesa á que lle gustan as aventuras, facer trasnadas e que ten uns amigos pouco habituais.
Convidaron ao alumnado de 2º de primaria e tivo tanto éxito que organizaron unha segunda quenda para a seguinte semana:
O luns 12 os convidados foron os nenos/as de 1º e a representación volveu ser todo un éxito:
Co gallo do MES DA CIENCIA EN GALEGO o venres 10 tivemos un obradoiro impartido por persoal de AUGAS DE GALICIA.
Primeiramente a científica da auga explicou as normas que se seguen normalmente nun laboratorio, e as que tería que seguir o alumnado durante a charla. Despois visionamos un conto onde coñecemos a Xistra, Unha gota de auga que foi a protagonista das actividades que realizamos.
Arrancamos o mes de novembro coa nosa exposición de libros sobre CIENCIA EN GALEGO
O alumnado de 6º foi o primeiro en facer unha sesión de consulta e lectura dos exemplares expostos, durante a súa hora de biblioteca
Ola amiguiños/as:
Chegou o Samaín, o tempo de bruxas e demos por iso a biblioteca se transformou nun castelo encantado con lecturas apropiadas.
O martes 31 de outubro o alumnado de 5º e 6º levou a cabo un obradoiro que se chamou:
Representaron algúns dos libros do noso Bibliocastelo:
E algúns e algunhas ata se atreveron a crear o seu propio conto de medo e escenificalo diante dos compañeiros/as: