martes, 1 de decembro de 2009

Xoán Babarro gaña o premio Arume


Xoán Babarro escritor e linguista gañou o Premio Arume de poesía infantil convocado pola fundación Xosé Neira Vilas co seu libro de poemas: "A princesa de Tarmundi". Babarro naceu en Maceda (Ourense) en 1947 e forma parte da Real Academia Galega dende o ano 2002. É mestre e lingüista, e despois de varias pezas teatrais, o premio de contos O Facho, no ano 74 abriulle as portas na literatura infantil, onde ten colleitado numerosos éxitos.
O autor, que residiu en Asturias, tamén logrou o mes pasado o premio Pura e Dora Vázquez de narrativa.
Ten publicadas entre outras as seguintes obras de literatura infantil: O dragón de Gondomil (1989); A aldea das catro primaveras (1993); Lobo lobo (2000); Carpametacarpadeduna (2001); Un saquiño de contos (2001); Ten, ten, a miña casa ten (2001); A néboa das escondidas (2001); Polos bigotes do meu gato (2002); Eu voguei por mar de chocolate (2003). En colaboración con Ana María Fernández publicou: As bruxas esdrúxulas (1999), Os xigantes de nunca acabar (1999), Contos do reino Mamoranguá (1999).
Se queres coñecer mellor a Xoán Babarro fai click aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario