domingo, 31 de xaneiro de 2010

LUIS DAVILA NA NOSA BIBLIOTECA



Co gallo da celebración de IV Concurso de Viñeta e Ilustración "A igualdade no traballo" convocado polo Concello de Bueu para conmemorar o Día da Muller Traballadora ( 8 de marzo), tivemos na nosa biblioteca a Luis Davila un xenial artista buenense.

Luis falounos das diferenzas entre homes e mulleres no mercado laboral.

Explicou que as viñetas deben ser sinxelas, sen moito texto, o ideal é que o debuxo sexa o que nos conte o que ocorre e que o lector se decate en poucos segundos do que está a pasar.

As metáforas, as personificacións, as liñas cinéticas que expresan movemento ou as cellas altas que expresan tristeza, son algunhas das técnicas que exemplificou cos seus debuxos, cargados sempre dunha enorme dose de humor e retranca.Lembrounos que, primeiro e o máis importante, é ter a idea clara do que se vai a debuxar e de seguido elexir o formato da viñeta (vertical ou horizontal) que nos pareza máis axeitado segundo a nosa idea.

Cando facemos un bocadillo é importante escribir primeiro o texto e despois rodealo, evitando así ter que amoldar a letra ao espazo.

Foi fantastico, aprendemos moitas cousas para facer as nosa tiras comicas e ademáis pasamos un rato moi divertido. Ao final da súa intervención firmou os exemplares que algúns nenos/as levaron do seu libro " O Bichero" e tamén nos adicou unha fermosa ilustración para o noso libro de visitas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario