xoves, 9 de febreiro de 2012

GONZALO MOURE NO BIBLIOCASTELO

Onte tivemos o gran pracer de recibir no Bibliocastelo a Gonzalo Moure. Foi unha conversa moi agradable. É marabilloso como sabe chegar, non só aos rapaces e rapazas, senón tamén aos adultos, Tod@s gozamos moitísimo da súa presenza e aprendemos moitas cousas.
Os nenos e nenas fixéronlle numerosas preguntas, ás que contestou con moito agarimo.
Así descubrimos que lle encanta a súa profesión porque di que "é o traballo máis bonito do mundo. Ser libre, escribir do que eu quero é algo impagable". Desde neno escribir lle parecía que era facer maxia: "Nun bolígrafo está o conto máis bonito do mundo"
Agora sabemos que leva escritos máis de 40 libros e que o seu preferido é "PALABRAS DE CARAMELO" porque está escrito dende o corazón.
Tamén nos falou dos libros que estiveron lendo os nosos nenos e nenas, así de "CUENTO Y CAMA" nos contou que se inspirou nunha nena que chorando lle contaba como desde que aprendera a ler. botaba de menos cando súa nai se metía na cama con ela e lle contaba un conto.
Para escribir "LOS CABALLOS DE MI TÍO" inspirouse nos seus propios cabalos que lle ensinaron moitas cousas que non sabía e aprendeu con eles! outra maneira de mirar á vida.
Falounos do libro que está escribindo agora mesmo "EL ANIMAL DE MIS ANIMALES, SOY YO" porque el coida e xoga cos seus animais pero eles tamén xogan con el e o coidan. 
É a segunda vez que temos a sorte de contar coa presenza de Gonzalo Moure no noso cole e xa estamos desexando que volva pronto porque nos encanta escoitalo.




MOITAS GRAZAS GONZALO 
POR ESTES MOMENTOS  TAN MARABILLOSOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario