Como todos os anos o Ceip Plurilingüe A Pedra sae as rúas de Bueu para celebrar o ENTROIDO, neste caso MEDIEVAL. Pero non todo foi troula tamén INVESTIGAMOS E APRENDEMOS con Papirus como era a vida nesa época: a sociedade, onde vivían e como vivían, quen eran os nobres e os plebeos, como era a cerimonia de "ordenarse cabaleiro", a vida nos castelos e as súas partes .
Os máis pequenos fixeron o seu PROPIO CASTELO para despois visitar UN DE VERDADE, viron unha PELÍCULA, recibiron unha carta do MAGO MERLÍN e moitos AGASALLOS .
Ningún comentario:
Publicar un comentario