martes, 24 de abril de 2012

O MEU LIBRO PREFERIDO

Aos máis pequenos do cole tamén lles gusta moito ler e por estas datas andan escollendo o seu libro favorito. 
Os nenos e nenas de 3 anos celebran o día do libro por todo o alto.


Preme na imaxe

luns, 23 de abril de 2012

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Os máis pequeniños do cole celebraron hoxe o DÍA DO LIBRO iniciando unha serie de actividades que van a levar a cabo nos próximos días. O primeiro paso foi aprender unha canción que ten moito que ver cos libros e a lectura. Preme na imaxe para saber máis.


MANIFESTO A FAVOR DUN AMBIENTE LECTOR NA ESCOLA

Hoxe, 23 de abril, DÍA DO LIBRO queremos dar a coñecer este manifesto que nos chega do IES Pedra da Aguia, a través de Emilio Roca. A idea é darlle difusión nos blogs e espallalo nesta data tan especial para todos nos. 
Gustaríame encabezar esta entrada coas palabras que Emilio escribiu no seu blog onde conta quen impulsa esta iniciativa e cal é o propósito deste manifesto

" Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), e na que temos a honra de participar, que nos fai reflexionar aos que a subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a ler. Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para iso dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación... Aínda que sempre oímos aquilo de “niso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos que dicir que hai moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademais, conségueno. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais relacionados coa lectura."


luns, 16 de abril de 2012

INACIO O CONTADOR DE BURROS

Hoxe tivemos no Bibliocastelo a Inacio, que nos veu contar contos de animais, mais concretamente contos de burros:  burros domésticos e burros salvaxes.


Había un burro que non sabía o que era, cantante, canguro, ministro ...



Tamén había un lobo patoso que non asustaba a ninguén, e un tigre de bengala.


Coa súa guitarra que era moi pequeniña cantamos a canción do burro que estaba enfermo.




venres, 13 de abril de 2012

MEMORIAS DUN NENO LABREGO


Como xa estamos preto do día do libro (23 de abril) este ano queremos lembrar unha obra en galego que ven de cumprir 50 anos dende a súa primeira edición en 1961, MEMORIAS DUN NENO LABREGO de Xosé Neira Vilas.

Preme na imaxe

Trátase dunha obra de estrutura e linguaxe sinxela na que o autor conta dende a ollada dun neno  a realidade da vida na aldea.
Balbino é a personificación do propio novelista,  un neno sumerxido nun  mundo pechado dunha aldea no interior de Galicia, ata que se ve obrigado a emigrar.
Esta obra tivo un grande éxito e ten a honra de ser o libro máis lido da literatura galega, estando traducido a 17 idiomas.
Preme na imaxe



O seu autor,  Xosé Neira Vilas ven de presentar esta mesma semana un novo libro que garda certa similitude co anterior e que leva por título ESPERANDO O LEITEIRO.




Para afondar un pouco máis no coñecemento do autor e a  obra aquí tedes un LIM que foi elaborado polos equipos de Dinamización e Tics do Ceip de Frian-Teis.

Preme na imaxe


CONTACONTOS CON ANTÓN LAMAPEREIRA

Como broche final do segundo trimestre os nenos e nenas  do primeiro ciclo gozaron dunha sesión de contacontos a cargo do  director teatral da Revista Galega de Teatro, Antón Lamapereira. 



Agasallounos cos contos de A que sabe a lúa,  Elmer e Nadarín .

  
  

domingo, 1 de abril de 2012

2 ABRIL DÍA DO LIBRO INFANTIL



Todos os anos, o 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país membro da Organización Internacional o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nen@s do mundo. Para o 2012, a sección de México, distribue o cartel de Juán Gedovius e a mensaje é de Francisco Hinojosa. 



Habia unha vez un conto que contaba o mundo enteiro

Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. 
Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que  comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. 
Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.
Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os contos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.
E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en 
boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.