sábado, 23 de marzo de 2013

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O día Mundial do Teatro creouse en  1961 por iniciativa do Instituto Internacional de Teatro (ITI) e vense celebrando dende entón todos os anos.
MENSAXE DE DARÍO 

Para conmemoralo realízanse distintos actos pero o que ten máis sona é a MENSAXE INTERNACIONAL, na que unha persoa de gran importancia no mundo teatral é convidada a compartir as súas reflexións sobre o teatro, para despois traducilas a máis de vinte idiomas e espallalas por todo o mundo.


Este ano a MENSAXE é do actor italiano, escritor de obras teatrais e premio Nobel de Literatura no ano 1997, DARÍO FO.


Aló por outubro comenzamos no noso cole un proxecto relacionado co mundo teatral "QUE SUBA O PANO" en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES
A nosa pretensión é achegar o teatro a escola e como punto de partida acollemos, a principios deste curso, na biblioteca unha exposición de libros de teatro moi especial.

RELACIÓN DE PUBLICACIÓNS
Trátase da exposición itinerante "FONDO TEATRAL MARÍA CASARES" que é unha colección de fondos, resultado do convenio asinado no ano 1995 entre o concello de Cangas, a compañía de "TEATRO DE NINGURES" e a "REVISTA GALEGA DE TEATRO" e que se atopa na Biblioteca Central de Cangas. 



Para saber máis desta exposición que está a percorrer agora varios centros da comarca do Morrazo accedede ao blog do proxecto "QUE SUBA O PANO!"

BLOG DO PROXECTO
Outro dos obxectivos do proxecto é elaborar un arquivo con información sobre textos teatrais axeitados para nenos e nenas: ARQUIVO FTMC

ARQUIVO FTMC
OBRADOIRO LITERARIO
Dentro das actividades que estamos a facer no centro relacionadas con este proxecto destacar a que se levou a cabo no Obradoiro Literario de Nadal "O ABETO" para a que se tomaron como referencia algúns dos libros da exposición. Nesta actividade conxugamos os dous proxectos: os contos clásicos e o teatro.



Para conmemorar o próximo 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, os rapaces e rapazas de primeiro foron actores en prácticas nunha actividade na que trataban de expresar distintos sentimentos e emocións a través das expresións faciais. O espectacular resultado forma parte dun mural que se atopa exposto na entrada do cole e que se pode ver neste video.

Ningún comentario:

Publicar un comentario