Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, no cole leváronse a cabo varias actividades en torno a figura do homenaxeado este ano: Carlos Casares.
Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º gozaron dunha animación á lectura sobre os libros de Casares, que realizou "o Bardo Abelardo" de Consorcio Editorial. Primeiro contoulles un pouquiño a biografía de Carlos Casares e logo cantoulles cancións acompañado polo seu acordeón, relacionadas cos libros de dito autor.
Cantaron "Lolo anda en bicicleta", "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", "A galiña azul", ...
Pasárono xenial, cantaron , bailaron e riron a cachón! Ollade!
Moitísimas grazas Servando por facernos pasar un momento máxico e marabilloso e por amosarnos e achegarnos a obra de Carlos Casares. Foi un pracer coñecerte!
Despois desta magnífica actuación, os alumnos e alumnas de 2º e 3º foron ao Centro Social do Mar a ver unha representación de "A Galiña azul", que é o libro de Carlos Casares que están traballando na clase. Había tamén alumnado doutros centros da localidade. A escenificación correu a cargo de Ana Carreira e Manu Polo. Esta actividade foi organizada polas Concellarías de Cultura e Infancia do noso Concello, dentro do programa de dinamización lingüística co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.
Moitas grazas ao Concello por convidarnos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario