martes, 30 de maio de 2017

TEATRO NO CENTRO SOCIAL DO MAR DE BUEU

Onte todo o alumnado do cole asistiu no Centro Social do Mar a unha representación musical da obra de Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Acompañados de Carliños, un simpático monicreque, cantaron e bailaron cancións sobre personaxes de obras de Casares: "A Galiña Azul", "O can Rin e o lobo Crispín"... Estes libros xa os estiveran traballando na clase. Houbo dúas sesións, na primeira foron os rapaces e rapazas dende 1º ata 6º e na segunda todos os nenos e nenas de educación infantil.
A representación correu a cargo de Luís Vallecillo, acompañado pola súa guitarra.




Pasárono xenial! Cantaron, bailaron...

Ningún comentario:

Publicar un comentario