Como somos moitos, celebrámolo en dous días, o martes os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º e o xoves, os de 3º, 4º, 5º e 6º.
Este ano Papirus estábanos agardando na súa casa, no Bibliocastelo. Contounos que está moi contento de estar de novo con todos nós.
Entre todos e todas fixemos unha representación do conto de Kaladraka A sopa verde.
Despois cantamos e bailamos a canción de Papirus e desexámoslle feliz aniversario.
Logo viñeron os agasallos: bonitos debuxos, tarxetas, cartas... Papirus estaba encantado!!! Vai decorar a súa casa con todos eles.
Para rematar a festa, en vez de convidarnos a lambetadas como outros anos, convidounos a froita con chocolate, xa que este ano o tema do proxecto é a alimentación sa e saudable. Ollade o vídeo!
Mamasiña...que rico estaba!!! Foi unha xornada estupenda!
Ningún comentario:
Publicar un comentario