martes, 31 de outubro de 2017

XA CHEGOU O SAMAÍN

Xa está aquí o Samaín, por iso o Bibliocastelo énchese de fantasmas, arañas, zombis, morcegos, esqueletes...



Hai un expositor con libros arrepiantes para que morrades co medo!!!

 

Co gallo do tema do proxecto deste curso, as cabazas convertéronse en apetitosos alimentos: mazás, amorodos, hamburguesas, peixes, grelladas, potaxes, mesmo ata unha batea con mexillóns da Ría. Ollade, quedaron chulísimas!!!



















Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración. Esta actividade non sería posible sen a vosa axuda. Papás, mamás, avós, avoas, tíos, tías, curmáns, curmás, irmáns, irmás, amigos, amigas...sodes uns verdadeiros artistas!!!

Se queredes máis información premede na seguinte imaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario