A pasada fin de semana (1-2 de decembro) celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, as VIII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia. O lema para este curso é Aprender a pensar coa biblioteca escolar.
Estas xornadas, de cita anual, facilitan o encontro entre profesionais dos distintos niveis educativos e de distintas disciplinas. Nelas coñecemos en profundidade programas relacionados co tratamento da filosofía cos máis cativos, interesantes experiencias realizadas en diferentes centros, tamén se analizaron os cambios que se están producindo no mundo das bibliotecas, descubrimos un novo concepto de biblioteca, UBIK (Biblioteca de Creación, que está en San Sebastián). Pero sen dúbida, o mellor de todo é o intercambio de información, experiencias e reflexións. Acudiron, coma sempre, expertos e expertas de distintos ámbitos que axudaron a reflexionar sobre diferentes retos que deben afrontar as bibliotecas escolares. Se queres consultar o programa destas xornadas, preme na seguinte imaxe.
Foi unha experiencia moi enriquecedora!
Ningún comentario:
Publicar un comentario