Esta semana, na hora de biblioteca, convertémonos en intrépidos reporteiros, reporteiras e xornalistas. Estivemos traballando a noticia como texto informativo : características, partes... Despois de lelas, subliñamos os titulares, comentámolas e buscamos as respostas ás preguntas tan características dos textos periodísticos : Que? Quen? Quenes? Cando? Onde? Como? Por que?. E por último redactamos, inventamos unha noticia. Fixémolo por equipos, empregando estruturas da aprendizaxe cooperativa.
Tamén, ao longo de todo o curso estamos recompilando noticias de diferentes xornais que tratan o tema da alimentación. Estas noticias ímolas colocando nun mural que está na entrada do cole.
Ademais, os alumnos e alumnas de 5º e 6º traballan co xornal todos os mércores ao longo de todo o curso, xa que partricipan no programa "La voz de la escuela". Na Hora de ler fan diversas actividades: len as noticias máis destacadas, localizan as diferentes seccións, manexan a carteleira de cines, interpretan e comentan a información meteorolóxica...
Ningún comentario:
Publicar un comentario