Dereito a unha asistencia médica.
Dereito a unha nacionalidade e a circular libremente polo mundo.
Dereito a unha identidade e respecto a diversidade (raza, sexo, etnia, orixe, relixión...).
Dereito á Educación, a ser educados na diversidade.
Dereito a unha xustiza igual para todos.
Tamén estaba Mafalda, a gran defensora dos dereitos humanos.
E como todos os anos, a nosa querida mascota, Papirus, ía ancabezando o desfile.
Percorremos varias rúas da vila e reunímonos na Praza Massó.
Como todos os anos cantamos cantigas de Entroido.
Logo voltamos as aulas para degustar os riquísimos e saborosísimos doces e larpeiradas típicas desta festa (filloas, orellas, chulas...).
No seguinte vídeo podedes ver un resumo, en fotografías, desta fantástica festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario