sábado, 21 de marzo de 2020

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Benqueridos amiguiños e amiguiñas:
Como estades? Como o ides levando? Eu ando un pouco líado. Sabedes que hoxe é o Día Mundial da Poesía? Para conmemorar este día tan importante,   xurdiu unha iniciativa que se chama Poesía en tu sofá. É un festival que se vai celebrar ao longo destes días e proponlle a diferentes artistas que reciten poemas dende os seus perfís de instagram. Se queredes máis información pinchade na seguinte imaxe.


A min a idea pareceume fantástica. Que vos parece se nos unimos a ela pero a nosa maneira?
A actividade consistiría en gravar un pequeno vídeo mentres ledes un poema sentados no sofá. Logo enviádesmo ao meu correo bibliocasteloapedrapapirus@gmail.com e eu vou publicando no blog os vídeos que me vaiades enviando. Se vedes que os vídeos pesan moito podedes envialos por unha aplicación que se chama wetransfer. É moi doado, cargades o vídeo e poñedes a dirección do correo ao que queredes enviar e xa está. Pódese facer dende o móbil. 
Xa sabedes, aos que vos apeteza compartir algún poemiña, poñédesvos mans á obra!
Agardo impaciente os vosos vídeos!
Moitos biquiños e unha forte aperta!



    

Ningún comentario:

Publicar un comentario