martes, 2 de febreiro de 2021

PAXARIÑOS POLA PAZ

Este ano festexamos de maneira conxunta dúas datas: o Día da Candeloria e o Día da Paz. Dentro do proxecto deste curso pareceunos interesante traballar os paxariños, xa que son moi importantes na saúde e benestar do noso planeta.

Cada nenx do cole escolleu un paxariño, decorouno e dentro del escribiu unha palabra fermosa ou unha expresión que evoca cariño: miña ruliña, meu ben, aloumiños, apertas...




Despois confeccionamos un mural co lema:
" Voemos xuntos pola Paz" 

Está decorado con andoriñas, pegas, pardais, curuxas, merlos, corvos... toda unha morea de especies de paxaros que habitan a nosa Terra.








Ningún comentario:

Publicar un comentario