venres, 14 de maio de 2021

CHARLA SOBRE RECICLAXE (EDUCACIÓN AMBIENTAL)

 Ola amiguiñxs:

Hoxe o alumnado de terceiro asistiu a unha charla sobre residuos. Foi impartida por Eloy de la Iglesia, unha persoa que sabe moito deste tema e que se dedica a impartir charlas sobre educación ambiental. Esta charla foi xentileza de ECOEMBES por participar no proxecto de METEOESCOLAS.

Eloy faloulles da importancia das tres erres: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. Tamén dos contenedores de cores. Aínda que xa sabían moitas cousas, aprenderon un montón. Agora a seguir poñendo en práctica todas estas accións para axudar na loita contra o cambio climático, xa que como di o noso proxecto deste curso:

"Comprometémonos  co noso planeta"

Pois a seguir así, realizando accións que axuden ao noso planeta. E non vos esquezades, por pequeniñas que estas sexan, pouquiño a pouco entre todxs, conseguirémolo!

Déixovos unhas fotos desta actividade. Ollade!








Moitas grazas Eloy! Unha charla moi interesante!
Biquiños








Ningún comentario:

Publicar un comentario