mércores, 12 de maio de 2021

SORPRESA!

 

Ola amiguiñxs:

Hoxe teño unha sorpresa chulísima para vós! O alumnado de 1ºB fixo unha película fantástica! Ao logo do 2º trimestre estiveron lendo o libro "Dona Landra no Río Revolto" da editorial Xerais e gustoulles tanto que decidiron facer unha película coa técnica Stop Motion. Foron días de moito traballo. Para facer a película tiveron que facer moitos debuxos e moitísimas fotos. Sacaron centenares de fotos! Pero o esforzo valeu a pena. A película quedou espectacular! 

Para convidarnos a súa estrea, foron a radio e gravaron a seguinte mensaxe. Escoitade!

 

Xa non vos entreteño máis. Gozade da película. Espero que vos guste tanto como a min.

   

Noraboa á rapazada de 1ºB! Encántame!

Agora déixovos o vídeo do making of, onde se recolle moi ben todo o proceso de elaboración desta fantástica curtametraxe. Ollade!


Un fantástico traballo en equipo!
Biquiños


Ningún comentario:

Publicar un comentario