ASDGAGO venres 20 de xaneiro gozamos no BIBLIOCASTELO dunha folíada exclusiva!!! Visitáronnos as PANDERETEIRAS do grupo QUINTA FERREÑA!!!
Non puideron vir todas por motivos de traballo pero estaban unhas cuantas acompañadas do Mestre Pandereteiro.
Explicáronnos que este ano váiselle dedicar o Día das Letras Galegas ás pandereteiras porque Elas coidaron e transmitiron as cantigas da nosa cultura popular ao longo de moitos anos e grazas a Elas, hoxe podemos coñecer esas composcións e cantalas todxs xuntxs.
Rubén, o mestre pandereteiro, contounos moitas curiosidades, como a orixe do propio instrumento (ao principio usaban unhas peneiras de tamaño grande e menos manexable chamadas pandeiras); ou que en cada zona de Galicia se tocaba dun xeito diferente; ou que, antigamente, xs veciñxs das aldeas se xuntaban para poder bailar e divertirse. Mentres dúas ou tres mulleres tocaban a pandeireta e cantaban xs demais veciñxs bailaban.
Logo de actuaren, responderon moi amablemente as nosas preguntas. Contáronnos porq uqe razón se animaron a formar o grupo (maiormente porque lles gusta moito cantar e porque era un desexo de mocidade que, por cousas da vida, foran adiando), por que decidiron chamarse QUINTA FERREÑA; onde ensaian ou en que festas actúan.
Compartiron con nós un anaco precioso cheo de música e ledicia coas súas pandeiretas e as súas voces! Antes de rematar cantamos con Elas "Ven bailar Carmiña" e "A saia da Carolina".
Foron moi xenerosas e pacientes con nós e convidámolas a participar na nosa 1ª Romaría de A Pedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario