xoves, 10 de maio de 2018

VISITA DE IAGO LÓPEZ


Hoxe o  Bibliocastelo encheuse de cociñeiros e cociñeiras para recibir, nada máis nin nada menos que  a Iago López, o autor do libro "O cociñeiro Martiño", publicado por Xerais.
Foron os nenos e nenas de primeiro os que gozaron das aventuras deste cociñeiro tan especial. 



Iago contoulles a historia de Martiño de forma moi divertida. Algúns nenos e nenas participaron no conto, representando aos personaxes. Ollade!!
















Logo asinoulles a cada neno e nena o seu libro e púxolle unha dedicatoria.






Antes de marchar, os rapaces e rapazas de primeiro ensináronlle o mural que fixeron sobre o libro.


Moitas grazas, Iago, por contarnos as aventuras de Martiño dun xeito tan divertido! 


Pasámolo xenial!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario