Hoxe visitou o Bibliocastelo Isabel Pastoriza Santos, profesora e científica da Facultade de Química da Universidade de Vigo. Ademais é unha recoñecida investigadora a nivel mundial polos seus estudos sobre as nanopartículas. No ano 2011 foi unha das cinco mulleres científicas premiadas por L´Oreal UNESCO "Polas mulleres na ciencia", que consiste nun recoñecemento ao papel das mulleres na ciencia.
Foi entrevistada por María de 3º e Sara Curra de 6º, as súas sobriñas. Os afortunados en asistir a esta entrevista foron os rapaces e rapazas de 6º.
Foi entrevistada por María de 3º e Sara Curra de 6º, as súas sobriñas. Os afortunados en asistir a esta entrevista foron os rapaces e rapazas de 6º.
Despois desta interesante entrevista na que poideron coñecer aspectos da súa infancia, mocidade e vida profesional, Isabel explicoulles, cunha presentación, en que consiste o seu traballo e o proxecto sobre as nanopartículas que está desenvolvendo.
Logo o alumnado tivo a oportunidade de tocar e observar de preto algúns tubos con nanopartículas e os efectos das mesmas.
Cos datos obtidos nesta entrevista os alumnos e alumnas elaborarán a biografía de Isabel, que logo representarán co Kamishibai na II FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA que organiza o IES Johan Carballeira. Por este motivo asistiu a charla a vicedirectora do instituto, Noelia, que convidou a Isabel e a toda a comunidade educativa a asistir á mesma.
Moitísimas grazas Isabel, por traer a ciencia ao noso Bibliocastelo!
Grazas tamén a Sara e María por presentarnos a vosa tía. Noraboa, fixéstelo xenial! Unha fantástica entrevista!
Se queredes saber máis desta ilustre muller, científica, bueuesa, asistede a proxección desta entrevista e a representación en Kamishibai da súa biografía. Será o sábado 4 de maio, na II FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA, na sala Amalia Domínguez. Haberá dúas sesións, unha ás 12:30 e outra ás 16:00.
Non vos esquezades. Agardámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario