Ao longo do mes de abril realizamos diferentes actividades na Hora de Ler e na Hora de Biblioteca, para conmemorar o Día do Libro.
Lemos a poesía de Marilar Aleixandre e reflexionamos sobre o seu contido. Logo a copiamos nun folio e decorámola. Tamén recitamos o poema "Todo está nos libros" de Ana Mª Fernández, que aparece publicado no seu libro "Pola rúa dos versos".
Ademais, lemos un libro moi especial co que nos agasallaron as mestras do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao de Navia (Vigo) cando viñeron a nosa biblio.
Este libro é moi especial, porque foi elaborado plenamente no obradoiro de creación artística de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral). A razón pola que o escollemos é que narra unha fermosa historia de superación e reinvindica o DEREITO A SER DIFERENTE, fomentando o respecto a diversidade. Asemade, deunos pé para traballar outros Dereitos Humanos: Dereito a unha vivenda, Dereito á educación, Dereito a ter unha familia.
Os nenos e nenas encantolles a historia de Elisa, a protagonista, unha rapaza co parálise cerebral. Captaron e comprenderon perfectamente a mensaxe que transmite.
Un libro moi tenro! Recomendámosvolo!
Tamén levouse a cabo unha actividade que denominamos "Contacontos en familia". Convidamos ás familias para que viñesen á biblioteca a lerlles aos rapaces e rapazas. Esta actividade foi un éxito! Por iso tivemos que ampliala ao mes de maio. A resposta das familias, coma sempre, foi espectacular! Moitas grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario