Ola amiguiñxs:
Contáronme que estades facendo unha manchea de experimentos. A rapazada de segundo mandoume as fotos e o vídeo do seu experimento. Ollade!
Ola amiguiñxs:
Contáronme que estades facendo unha manchea de experimentos. A rapazada de segundo mandoume as fotos e o vídeo do seu experimento. Ollade!
Ola amiguiñxs:
Como ides levando o curso? Eu estou moi contento. Hoxe envioume a rapazada de primeiro un vídeo chulísimo. Animados pola presentadora do programa Dígocho Eu da TVG, quixeron facer o seu propio programa ensinando a empregar palabras galegas relacionadas co Samaín, o Magosto e o outono, en xeral. Ademais debuxaron as ilustracións para decorar o fondo, pois a gravación está feita coa técnica croma. Ollade!
Encántame! Fixestes un gran traballo! Moitas grazas por compartilo con nós.
Biquiños.
Este ano, por mor da pandemia, non puidemos celebrar esta data tan importante todos xuntos. Cada clase festexouna de diferentes maneiras. Estas foron as actividades que se realizaron:
- Na Hora de ler, lemos libros sobre igualdade. Despois debate, reflexións e comentarios dos mesmos. Tamén se realizaron pequenos proxectos e diversos traballos.
- Repartimos polas aulas un libro que narra a biografía dunha muller ilustre da nosa vila, Matilde Bares, que nos regalou o Concello.
- Repartimos entre o alumnado unhas máscaras conmemorativas desta data. Foi un agasallo do Concello.
Ola amiguiñxs:
Espero que esteades moi ben.
Non parades de experimentar! Hoxe chegoume un vídeo cun experimento que fixo a rapazada de quinto no recuncho de ciencias do Bibliocastelo. Preme na seguinte imaxe para poder velo.
Ola amiguiñxs:
Hoxe estou moi contento, xa que me chegaron as vosas primeiras fotos experimentando. Son da rapazada de cuarto, que realizaron un experimento chamado:
"Como facer fluído non newtoniano"
Menudo nome! A pesar deste nome tan complicado é moi doado de facer e os resultados son incríbeis! Ollade as imaxes!
Benqueridxs amiguiñxs:
Hoxe teño que contarvos unha nova moi interesante. Paco Nogueiras vai sacar un novo libro-Cd titulado Extra. E... a que non sabedes quen é o seu ilustrador? Pois, nada máis nin nada menos que o meu amigo Marc Taeger, o que me pintou tan guapo na porta do Bibliocastelo!
Vouvos amosar algunhas das marabillosas imaxes que realizou para ilustrar este fantástico libro. Ollade!
Ola amiguiñxs:
Este mes de novembro celebramos o MES DA CIENCIA EN GALEGO.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO. Este ano o autor do mesmo é Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."
Déixovos o manifesto para que o leades.
Ola amiguiñxs:
Xa estades preparadxs para festexar o Samaín? Eu xa teño o meu disfraz. Por certo, encantoume o libro de adiviñas que fixestes. Adiviñas de personaxes arrepíantes!! Que marabilla! Lede, a ver cantas sodes quen de adiviñar?
Hola amiguiñxs:
Estou supercontento! Hoxe foi o meu aniversario e aínda que non puidemos festexalo todos xuntos no Bibliocastelo, como a min me houbera gustado, tampouco estivo tan mal, non si?
Gustáronme moito as tarxetas e os debuxos que me fixestes. Todos os vosos agasallos enchéronme de ledicia! E por suposto, encantáronme as vosas cancións. Que ben me cantastes o "Parabéns", ata en lingua de signos! Que marabilla! Ollade!
"Bibliotecas, sempre ao teu carón"
Fai referencia ao papel tan importante que desempeñan as bibliotecas, ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretenemento en calquera lugar e circunstancia. As bibliotecas sempre están ao noso carón, ofrecéndonos recursos, información e apoio, incluso en momentos tan complexos como os que estamos a vivir.
Como todos sabemos, tamén é o día do aniversario da nosa benquerida mascota, Papirus. Sempre facemos unha gran festa no Bibliocastelo para celebralo, pero este ano por mor do COVID tivemos que adaptarnos ao protocolo e festexalo cada grupo na súa aula. Tamén esta data é o punto de partida, a presentación do proxecto do curso. Papirus envionos unha sentida carta na que nos explica todo e un vídeo para que entendamos mellor o obxectivo do proxecto deste ano . Ollade!
Polo tanto, como moi ben nos conta papirus na súa carta, imos traballar os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible). Este vai ser o título do noso proxecto :
"Comprometémonos co noso planeta"
Que...? Estades preparados para empezar a traballar? Eu coido que si! Veña imos aló!!
Ola!
Sabedes que hoxe se celebra unha data moi importante? O Día das Escritoras. A data elixida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. Polo que a V edición celébrase este ano 2020, o 19 de outubro, ou sexa, hoxe. O obxectivo é reinvindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Esta iniciativa está promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa FEDEPE (Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias) e coa Asociación Clásicas y Modernas.
O lema deste ano é:
"O esforzo cotián das mulleres"
A asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia realizou unha recompilación de fragmentos de escritoras galegas. Botádelle un ollo e gozade coa súa lectura!
"Xeografías lectoras na biblioteca escolar" é o lema elixido para este curso dende Bibliotecas Escolares de Galicia. Este lema quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición de toda a comunidade educativa.
Este ano a ilustradora encargada de interpretar o lema foi Bea Lema. Ollade!
Benqueridos amiguiños e amiguiñas:
Que tal a volta ao cole? Espero que veñades contentos e contentas, despois de tantos meses na casa...
Teño unha boa noticia que contarvos: hoxe, por fin abriu as súas portas o Bibliocastelo! Xa sabedes que por mor do Coronavirus estivo moito tempo pechado. Para que a biblioteca sexa un lugar seguro contará cun "Protocolo de uso", no que se baseará o seu funcionamento mentras dure a alerta sanitaria. Así establécense as seguintes normas básicas de uso. Ollade e lede atentamente!
Confío plenamente en vós e espero que todos e todas sexamos responsables e cumpramos estas normas.
Estou desexando vervos!!!
Biquiños.
Ola amiguiñxs:
Hoxe celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos, proclamado pola ONU, baixo o lema:
"As linguas de signos son para todos"
Teño que contarvos unha nova que seguro que a maioría non sabedes, este curso temos no cole unha intérprete desta lingua. Chámase Rosa e vainos ensinar a comunicarnos mediante señas. Contoume que tamén nos vai ensinar a miña canción nesta lingua, aínda que sexa só o retrouso. A que é xenial? Estou desexando aprendela. A rapazada de primeiro, os antigos trasniños, xa son todos uns expertxs. Hai dous anos gañaron o 1º premio do concurso "Xoga coas manciñas" pola interpretación do conto "A princesa do Caurel" en lingua de signos. Vouvos poñer outra vez o vídeo para que refresquedes a memoria. Velaí vai!
Fano xenial, non si?
Agora amósovos outro conto en LSE, neste caso "A mellor sopa do mundo" da editorial OQO, grazas a EI As abelliñas.
Estou desexando aprender esta lingua, aínda que con oito tentáculos coido que non vau ser doado...
Biquiños.