venres, 28 de outubro de 2011

PAPIRUS E O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  e dentro das actividades programadas festexamos o Aniversario da nosa mascota. PAPIRUS veunos visitar e contounos que antes de chegar á nosa biblioteca vivía nun castelo feito de rochas negras que estaba no fondo do mar. 
Falounos  dos seus amigos e amigas: o choco, a lura e como non, a Meiga Cocorola. 
Pero o que máis lle gusta son os libros e o seu cheiriño a aventuras, a imaxinación e a diversión. Encántalle vivir aquí pero cando chega o verán abúrrese moito porque queda só. Por iso o pasado mes de xullo puxo rumbo ao leste e chegou ata  Turquía, onde visitou moitos lugares que nos amosou en fotos e fixo moitos amiguiños e amiguiñas.

xoves, 27 de outubro de 2011

OS BOLECHAS QUEREN SABER COMO É UNHA BIBLIOTECA

No Ceip Curros Enríquez de Celanova celebraron o Día das Bibliotecas Escolares preparando este conto dos Bolechas. Grazas por compartilo con todos nos.

mércores, 26 de outubro de 2011

POLO SAMAÍN LIBROS SEN FIN

Non deixes de vir pola biblioteca e neste expositor atoparás libros de medo, de pantasmas, de bruxas, de monstros, historias de intriga e aventuras de misterio.
O terror e a emoción están servidos!!!



luns, 24 de outubro de 2011

UN SAMAÍN DE CONXUROS

Se te queres divertir, neste Samaín
intenta facer este LIM.
Boa sorte e que os diaños, 
bruxas e curuxas te acompañen.
PREME NA IMAXE

E para os máis pequeniños
tamén temos un traballiño.
A ver se son quen
de facelo ben.
PREME NA IMAXE

xoves, 13 de outubro de 2011

EMPEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis empezan a percorrer o seu camiño as MOCHILAS VIAXEIRAS cargadas de ilusións e bos libros.
Dende o Bibliocastelo A Pedra desexámosvos a todas as familias do noso alumnado un bo comezo de curso e esperamos, dentro das nosas posibilidades, axudarvos a espallar entre os vosos fillos e fillas o gusto pola lectura.

venres, 22 de xullo de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS X


“Gústame ler porque aprendo un montón de cousas. Métome no libro e sinto como se eu mesma fose a protagonista. É guai.




MOITAS GRAZAS, FAMILIAS, POLA VOSA COLABORACIÓN E ATA MOI PRONTO!

MOCHILAS VIAXEIRAS IX


 Gústame a idea de que os nen@s vaian á biblioteca e escollan os libros que queren ler pois aprenden a desenvolverse por si mesmos no mundo e aprenden o respecto pola propiedade privada, coidando as películas e os libros que non lles pertencen; así como comparten os seus gustos e opinións sobre o que leron.”

MOCHILAS VIAXEIRAS VIII

Fedor Dostoyevsky, prisionero en Siberia alejado del mundo, entre cuatro paredes y cercado por desoladas llanuras de nieve infinita, pedía socorro por carta a su lejana familia y solo decía: ¡Enviadme libros, libros, muchos libros para que mi alma no muera! Tenía frío y no pedía fuego; tenía sed y no pedía agua; Pedía LIBROS es decir, horizontes , es decir escaleras para subir a la cumbre del espíritu y del corazón. Porque la agonía física dura poco pero la agonia del alma insatisfecha dura toda la vida




xoves, 21 de xullo de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS VII


 “A min encántame ler por iso o recomendo para calquera idade e momento, en familia ou individual, o importante é disfrutar do que les e prestarlle tempo e atención.”

MOCHILAS VIAXEIRAS VI


 “Gústame a mochila  viaxeira. Ler e escribir é parte da miña vida xa que o fago habitualmente. Cando non sei que facer, collo un libro e zas! O devoro!



MOCHILAS VIAXEIRAS V


“En certa ocasión Federico García Lorca dixo: ¡Libros! ¡Libros! He aquí una palabra mágica que equivale a decir “Amor, Amor” y que debian los pueblos pedir como piden  o anhelan la lluvia para sus sementeras.”



“O mellor premio que pode ter a nosa biblioteca é que aos nosos fillos lles guste a lectura”



“Por que debemos ler? Un mundo maravilloso ábrese ante os ollos de pequenos e grandes e despértanos unha curiosidade sen límites. Probadeo".



mércores, 20 de xullo de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS IV


“Grazas un ano máis por invitarnos a disfrutar en familias desta variada selecciónde libros: inglés, música, cociña, coñecemento do medio. Nós xa acostumamos a facelo diariamente pero tamén notamos que é diferente cando este material chega dende o colexio. A nena síntese máis motivada e disfrutaos como algo moi importante. Esperamos que a mochila volte o ano que ven á nosa casa. Un saúdo para todos e moitos parabéns ao equipo de biblioteca.”


“Moitas grazas por axudarnos a vivir aínda máis o pracer da lectura”



“Gústame a mochila  viaxeira. Ler e escribir é parte da miña vida xa que o fago habitualmente. Cando non sei que facer, collo un libro e zas! O devoro!”

MOCHILAS VIAXEIRAS III

“O mellor da Mochila Viaxeira para min é o seu efecto: compartir momentos os catro xuntos, arredor de algo tan sinxelo coma un libro que nos fai ler, falar, pensar e divertirnos.”
 "Os libros son o mellor regalo”



“É estupendo que se fomente a lectura dende tan pequeniños para que non esquezan  que un libro é un mundo maravilloso que hai que descobrer, páxina a páxina”



"Mi hijo es feliz leyendo y disfruta con ello”





Todos os libros nos gustaron e o mellor é dedicarlle uns minutos de lectura en familia”

martes, 19 de xullo de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS II


“Gustoume moito a iniciativa de fomentar a lectura e o respecto aos libros e gustaríame animar a outros pais a que leven aos nenos as bibliotecas. Eu descubrín fai pouco á de Beluso e pasamos ratos moi divertidos. Traemos moito contos, que hai que coidar, para casa. Anímovos aos que non a coñezades que vaiades."


“Un ano máis puidemos gozar en familia coa mochila viaxeira. Tendo en conta a sociedade na que vivimos, na que as veces o tempo é moi escaso, ese ratiño que pasamos en familia e participando nunha actividade do seu cole é moi gratificante para ambos. Grazas MOCHILA VIAXEIRA por facernos pasar bos momentos e contarnos tantos contos.”



“Valoro moitísimo o traballo que se está facendo desde o cole non só coas mochilas viaxeiras ou os libros que se traen a casa senón en conxunto (grazas a todos os profes que fan posible que a biblioteca estea aberta polas tardes), intentando que os nenos incorporen os libros a súa vida como algo habitual, e que a lectura se converta para eles nunha forma 
de ocio e non nunha obriga.”


MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!