venres, 15 de xuño de 2018

NORABOA TRASNIÑOS!


Menuda sorpresa levamos hoxe cando collemos o xornal! Sabedes quen aparecía na portada? Si, si, en plena portada! Os Trasnos de infantil e as súas profes. Son noticia porque gañaron o 1º Premio do Concurso XOGA COAS MANCIÑAS da Asociación de Xordos, XOGA, pola interpretación do conto A princesa do Caurel en lingua de signos. Ollade o vídeo!



Espectacular, non si? Se queredes ler o artigo publicado no xornal, premede na seguinte imaxe.


Premede na imaxe dos Trasnos para ter máis información.


Noraboa Trasniños, sodes uns campións!!!






2 comentarios:

  1. Sodes un dos nosos maiores orgullos como pobo (para min o maior). Emocionadísima me deixástedes. Grazas mil.

    ResponderEliminar