Como todos os anos o alumnado do 3º ciclo participou no concurso de VIÑETA E ILUSTRACIÓN que convoca o Concello de Bueu dentro das actividades que organiza para conmemorar o 8 de marzo Día da Muller Traballadora. Nesta presentación podedes ver algún dos traballos presentados polo noso alumnado.
sábado, 16 de marzo de 2013
xoves, 14 de marzo de 2013
RECITANDO A ROSALÍA
Xa temos os resultados do recital compartido que fixemos no cole a partir do libro Cantares Gallegos de Rosalía. Cada grupo memorizou un poema que despois recitou e velaquí están os videos co resultado obtido:
O máis pequeniños escolleron o poema "HAS DE CANTAR"
Os nenos e nenas de primeiro recitaron "ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES"
Os rapaces e rapazas de cuarto escolleron "VENTE RAPAZA, VENTE MENIÑA" e " VÁLGATE DIOS"
Os alumnos e alumnas de terceiro aprenderon "QUÍXENTE TANTO MENIÑA" e "QUE TEN O MOZO?"
Os rapaces e rapazas de quinto recitaron "SAN ANTONIO BENDITO" e " PASA RÍO, PASA RÍO"
E os maiores do cole tamén quixeron homenaxear a Rosalía. Así os nenos e nenas de 6ºA recitaron "CANTARTE HEI, GALICIA" e os de 6ºB "AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES, AIRIÑOS DA MIÑA TERRA"
O máis pequeniños escolleron o poema "HAS DE CANTAR"
Os nenos e nenas de primeiro recitaron "ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES"
Os rapaces e rapazas de cuarto escolleron "VENTE RAPAZA, VENTE MENIÑA" e " VÁLGATE DIOS"
Os alumnos e alumnas de terceiro aprenderon "QUÍXENTE TANTO MENIÑA" e "QUE TEN O MOZO?"
Os rapaces e rapazas de quinto recitaron "SAN ANTONIO BENDITO" e " PASA RÍO, PASA RÍO"
E os maiores do cole tamén quixeron homenaxear a Rosalía. Así os nenos e nenas de 6ºA recitaron "CANTARTE HEI, GALICIA" e os de 6ºB "AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES, AIRIÑOS DA MIÑA TERRA"
mércores, 13 de marzo de 2013
CIRCUITOS DE CONTO
O noso alumnado de sexto, co seu bo facer, acaba de preparar unha exposición un tanto especial, onde se conxugan as ciencias e os contos clásicos. A proposta da mestra de coñecemento foi facer un circuito eléctrico tomando como referencia os contos clásicos e os seus personaxes e velaquí están os fantásticos resultados obtidos.
domingo, 10 de marzo de 2013
ENCONTROS BIBLIOTECAS 2013
Acabados de chegar dos Encontros de Bibliotecas celebrados en Santiago de Compostela os días 7 e 8 de marzo e aínda reflexionando sobre todo o que alí se dixo (que non foi pouco) vou facer uns pequenos apuntes do que aconteceu.
Houbo un pouco de todo e ben repartido, Conferenciantes da talla de:
- José Antonio Camacho Espinosa (profesor responsable de Biblioteca escolar en varios centros, licenciado en documentación e doutorado sobre bibliotecas escolares) que nos falou do papel da biblioteca como espazo privilexiado para a lectura e para aprender a usar e producir información nun contexto natural.
- Anna Blasco Olivares (Profesora e Documentalista catalana) que tratou de explicarnos como podemos preparar ao noso alumnado para ser cidadáns competentes ante tanta información que reciben.
- Josep Manuel Pérez Tornero (Catedrático de Xornalismo e Ciencias da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona e Catedrático e Consultor da UNESCO entre outras moitas cousas) contounos que nos últimos tempos, os novos medios e as redes sociais estanse a erixir en grandes continentes da nosa existencia, no traballo, na vida, nas relacións sociais e nas lecturas... Os espazos de relación amplíanse e globalízanse.
- Agustín Fernández Paz que é un dos escritores máis coñecidos e valorados, autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos a lectores infantís ou xuvenís, con moitos premios no seu haber. Tamén é un gran impulsor de movementos de renovación pedagóxica e normalización lingüística. Tivemos a sorte de telo no noso centro hai uns anos e resultou unha experiencia inesquecible. Da súa intervención nos encontros, que foi marabillosa, falounos, entre outras moitísimas cousas, da nosa función, como mestres, de mediadores para que se produza o encontro dos nenos/as cos libros e de espertar neles a fame polas historias, de abrirlles perspectivas novas e amosarlles unha variada proposta de lecturas.
Por outra banda foron moitas as experiencias de traballo nos centros que se expuxeron, a pena foi non poder asistir a todas, pero como había que escoller, penso que a miña elección non foi desacertada.
Dentro das Experiencias simultáneas asistín na sala Compostela á intervención de Antonio Rodríguez Menéndez (Actor, Director, Dramaturgo e Profesor no Teatro Estudo Tuzla, Profesor de español como lingua estranxeira e que tamén, imparte clases de escritura creativa. Fundou a Escola de Lectura de Madrid, da que deriva o Proxecto Farenheit 451) Falounos dos seus taller "La mirada que respira" e de como hai que entregar as palabras e non soltalas ao aire, empregando a Palabra Vinculada ou Palabra de Chocolate Fundido. Explicounos que para que as cousas existan temos que miralas e respiralas por iso debemos ler respirando para que o receptor exista.
E finalmente tamén tivemos reunións por zonas ou micro-redes para intercambiar experiencias, reflexionar, facer propostas de futuro e colaboracións entre os centros.
Foron momentos de compartir, escoitar, aprender e volver para o cole coa maleta cargada de novas ideas e ilusións.
Podedes acceder aos materiais das xornadas a través da páxina de BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O Gabinete Comunicación y Educación fíxose eco destes encontros.
O Gabinete Comunicación y Educación fíxose eco destes encontros.
sábado, 9 de marzo de 2013
COCIÑANDO COS LIBROS
Helena, unha nena de 1ºB levou un día en empréstito para a súa casa este libro titulado ¿Como se hace el queso?Na casa non só o lerón senón que o puxeron en práctica e o resultado foi un queixo riquísimo como se pode ler e ver no blog do primeiro ciclo se premedes nesta imaxe.
Eu sei que estaba moi bo porque tamén me trouxeron a proba á biblioteca, por iso quero contalo aquí e darlle as grazas pola súa iniciativa, a ela e a súa familia.mércores, 6 de marzo de 2013
ENCONTROS DO PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
Mañán xoves, 7 de marzo, empezan os Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 2013 en Santiago de Compostela para os centros de nova incorporación, e que continuarán o venres día 8 de marzo, sumándose o resto dos centros, facendo un total de 504 responsables de Bibliotecas Escolares.
Este ano farase fincapé na función das Bibliotecas Escolares como COMPENSADORAS DE DESIGUALDADES SOCIAIS.
Se queredes saber máis premede na imaxe onde atoparedes entre outras cousas un enlace ao programa das xornadas.
O noso centro participa como relator o día 7 cunha presentación sobre a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE desde a Biblioteca.
venres, 1 de marzo de 2013
A TODA MÁQUINA
Do 2 ao 23 de marzo poderedes gozar coas actividades, exposicións e obradoiros que alí atoparedes.
Se queredes saber máis sobre este evento ou consultar o programa de actuacións preme na imaxe.
sábado, 16 de febreiro de 2013
RECITANDO A ROSALÍA
| FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO |
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta.
A AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) propón aos centros do ensino a inclusión nese día de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos.
![]() |
| ACTIVIDADES DA AELG |
Dende o noso cole tamén queremos contribuír a esa homenaxe á nosa gran poeta que trascende de maneira universal ao longo dos tempos.
![]() |
| FARENHEIT 451 |
Para a actividade que propoñemos tomamos como referencia a novela distópica (trata unha sociedade ficticia non desexable en sí mesma) “Fahrenheit 451 “ do escritor estadounidense Ray Bradbury publicada en 1953. O título fai referencia á temperatura na escala Fahrenheit á que o papel dos libros se inflama e arde.. Posteriormente levouse ao cine nunha película dirixida por François Truffaut.
No mundo que describe Ray Bradbury en Fahrenheit 451 os libros están prohibidos. Sen embargo, hai persoas que se resisten e o fan aprendéndose un libro cada unha de elas. “Somos miles as persoas que levamos un libro na nosa cabeza, bibliotecas itinerantes”
![]() |
| PERSOAS LIBRO |
Con esta base nace o Proxecto Fahrenheit 451 (as persoas libro) que busca eso mesmo: que a poboación ande por aí recitando en voz alta os seus libros. É máis que un proxecto, é un movemento cidadá que busca crear unha organización sempre aberta, progresiva, sen fronteiras nin no tempo nin no espazo, para amosar que hai beleza, intelixencia e sensibilidade nas palabras dos seres humanos de todas as culturas e abrir un rasquizo á esperanza de encontro e a convivencia.
Dende os Equipos de Dinamización e Biblioteca propoñemos que cada grupo-clase escolla un poema do libro CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro e o aprenda de memoria para despois recitalo . Será un recital compartido.
Podes consultar máis entradas sobre esta gran poeta galega neste mesmo blog, premendo na imaxe de Rosalía de Castro que se atopa no lateral.
xoves, 14 de febreiro de 2013
UN AMOR DE CONTO
O mes de febrero é o mes do amor.
· Amor é ese sentimento tan fermoso que debe estar presente sempre nas nosas vidas.
· Amor é querer aos demais e tratar de facerlles a vida máis agradable.
· Amor é preocuparse da felicidade das persoas que nos rodean.
Se premes na imaxe para acceder ao blog Cantos Contos Contas e ver a actividade proposta pola biblioteca.
sábado, 9 de febreiro de 2013
UN ENTROIDO DE CONTO
Xa levabamos varias semanas preparando o entroido. Pensando no traxe, nas cancións ... Foron días de moito traballo e ilusión. Aproveitamos para agradecer a colaboración das familias.
![]() |
| PREME NA IMAXE |
Ao longo de toda a semana fomos quentando motores de cara ao Entroido, así:
O luns pispireto
píntome o careto.
E todos e todas chegamos ao colexio coa cara pintada, cada un ao seu xeito. Pero isto non quedou aí:
O martes atrevido
un gorro divertido.
Que gorros máis chulos trouxeron algúns e algunhas!
O mércores saboroso
algo no pescozo.
Menudas pintas empezábamos a ter xa, coa cara pintada, o gorro na cabeza e as bufandas, colares, garabatas... Pero aínda foi mellor ao día seguinte:
O xoves do revés
trae algo nos pés.
Que divertido! Co calzado ou os calcetíns ao revés, un de cada cor. E por fín chegou o día:
O venres alegre e festivo
disfrázome e desfilo.
Os máis pequeniños de tres, catro e cinco anos ían guapísimos cos seus traxes dos TRES PORQUIÑOS:
| PREMEDE NAS IMAXES |
Os rapaces e rapazas de primeiro levaban o seu traxe de PINOCHO e as mestras de GEPETTO.
Uns PETER PANS e unhas CAMPANIÑAS de segundo curso perseguidos por un improvisado CAPITÁN GARFIO e o seu perigoso crocodilo.
No segundo ciclo as nenas eran unhas BRANCANEVES moi especiais, os nenos ANANIÑOS e as mestras eran as malvadas MADRASTRAS.
E para rematar, como en toda boa festa de Entroido, non podían faltar as filloas, as orellas e as flores.
Espero que sigades gozando do Entroido uns días máis.
sábado, 2 de febreiro de 2013
PROTEXEMOS A PAZ
O xoves 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ, aínda que todos e todas sabemos que a paz ten que durar todo o ano.
Despois de dúas semanas de preparación (ensaios de cancións, traballos para protexer a paz, lecturas de libros sobre o tema,...) por fin chegou o gran día.
Neste video recollemos o acto que celebramos no patio do colexio e no que, coma sempre, participaron nenos e nenas de todos os ciclos lendo as súas mensaxes de esperanza.
A canción " O mundo é grande" de Mamá Cabra que se escoita de fondo, foi unha das elexidas este ano para cantar neste día, xunto con outra en inglés "One day" de Matisyahu.
Queredes escoitar como protexen os nosos rapaces e rapazas a paz? Neste outro video reflexan os seus desexos e esperanzas para que o mundo sexa un pouquiño mellor.
Dende a Biblioteca preparamos unha actividade para celebrar o día da paz que está relacionada co proxecto que estamos a traballar este ano "Os contos clásicos" e á que chamamos PAZCONTOS. Consistía en atopar solucións a través do diálogo aos problemas ou conflitos que xorden entre os diferentes personaxes dos contos tradicionais.
xoves, 24 de xaneiro de 2013
FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA
A RAG (Real Academia Galega) acaba de nomear a Fina Casalderrey como membro honorario da mesma.
![]() |
| PREME NA IMAXE |
Estamos moi contentos con esta nova porque levamos anos seguindo a súa traxectoria literaria e porque somos fans incondicionais dos seus libros. O bibliocastelo tivo o pracer de abrirlle as súas portas o curso pasado. Lembrades a súa visita? Pois para refrescar a memoria premede na imaxe.
| PREME NA IMAXE |
sábado, 19 de xaneiro de 2013
CANCIÓNS DA PAZ
O día 30 de xaneiro todo o cole imos saír ao patio para celebrar o DÍA DA PAZ e coma todos os anos cantaremos dúas cancións.
A primeira é en inglés ONE DAY do cantante hebreo Matisyahu e que se fixo coñecida na Copa do Mundo de 2010. Xa todos a coñecedes porque a estades practicando coas profes de inglés, plástica e música pero para que a saibades mellor e porque nos gusta moito aquí tendes o vídeo para poder gozar con ela sempre que queiramos.
A segunda é en galego O MUNDO É GRANDE de Mamá Cabra. Unha preciosa canción que nos fala da diversidade e da igualdade de todas as persoas do mundo. Aquí tes o vídeo que prepararon os pequeniños de infantil de 4 anos para poder practicala.
Ademais no lateral tendes un audio coas dúas cancións.
sábado, 12 de xaneiro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












