Despois cantamos e bailamos dúas cancións, unha en galego : Baile da Paz de Mamá Cabra ; e unha en inglés : Kid´s peace song.
Para rematar a celebración soltamos dúas pombas.
ANIMACIÓN Á LECTURA
Pero isto non foi todo. Durante o mes de xaneiro levamos a cabo unha actividade de animación á lectura relacionada con esta data : O homiño de papel.
Todo comezou un día que chegamos ao Bibliocastelo e atopamos unha caixa verde na alfombra.
Abrímola con moita ilusión! O primeiro que atopamos foi unha carta da nosa mascota, Papirus. Nela explícanos que esta caixa é o seu agasallo. Pídenos que axudemos ao homiño de papel.
Dentro da caixa, tal como nos conta Papirus na carta, había un libro que narra a historia dun homiño que atopou viaxando polo espazo. Este é o libro:
Tamén había un homiño branco!!!
Lemos o libro, gustounos moitísimo! Decidimos axudalo, tal como nos pedía . Entón, ao longo de todo o mes adicámonos a recoller noticias que falasen de solidaridade, de axuda aos demais ... Tamén escribimos palabras fermosas de cores, mensaxes de Paz e con todo isto enchemos ao homiño de papel, para que así se sentise de novo feliz. Todo este traballo, no que participou todo o cole, plasmámolo nun mural que colocamos na entrada do mesmo.
Algúns titulares das noticias recompiladas :
" Un corte de pelo solidario"
"Escolares e enfermos de Alzheimer comparten lembranzas no MARCO"
"Máis de dous millóns de heroes doan sangue en España"
"Nace na Estación Internacional a primeira flor cultivada no espazo"
Realizamos un gran traballo do que nos sentimos moi orgullosos. En agradacemento, o homiño fíxonos un agasallo, deixounos mirar dentro da caixa verde. Agardábanos unha sorpresa, había alguén moi, pero que moi importante. A persoa máis valiosa e importante do mundo. Sabedes quen é? Ollade as fotos !!
Xa sabedes quen é, non si? A persoa máis importante do mundo e de todo o Universo, é cada un de nós. O homiño ensinounos unha fermosa lección de amor e paz :
Para poder amar, respectar e valorar aos demais, primeiro temos que querernos e aceptarnos a nós mesmos. TODOS SOMOS IGUAL DE IMPORTANTES!!