Foron libres, independentes e avanzadas para a época que lles tocou vivir. As súas vidas teñen un denominador común , loitaron para conseguir o que querían. Esta serie documental da TVE céntrase en varias heroínas, neste caso a escollida e a nosa gran poetisa galega Rosalía de Castro. Preme na imaxe.
venres, 24 de febreiro de 2012
mércores, 22 de febreiro de 2012
24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
No calendario do libro e da lectura, aprobado no seo do Consello Asesor do Libro, o próximo 24 de febreiro está contemplado como o DÍA DE ROSALÍA . Para coñecela un pouco mellor poñemos a vosa disposición este documento, onde ademáis da súa vida poderedes ler algúns dos seus poemas.
"Fráxil e profunda, sombra e luz, Rosalía de Castro transitou pola vida, con palabras, xa de revelación, xa de misterio, por camiños sempre adversos" FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO
"Fráxil e profunda, sombra e luz, Rosalía de Castro transitou pola vida, con palabras, xa de revelación, xa de misterio, por camiños sempre adversos" FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO
POESÍA E MÚSICA
Dende a Biblioteca do IES Ponte San Paio chéganos esta pequena selección de poemas e música.
luns, 20 de febreiro de 2012
SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
Está a piques de comenzar a 12+1 EDICIÓN DO SALÓN DO LIBRO de Pontevedra do 4 ao 31 de marzo. Este ano o tema escollido son AS SUPERSTICIÓNS e a súa relación coa Literatura Infantil.
O autor homenaxeado é o lucense PACO MARTÍN escritor e mestre, autor de libros tan coñecidos como "Das cousas de Ramón Lamote" ou "Sabeliña e os ratos" entre moitos máis.
domingo, 19 de febreiro de 2012
PASARRÚAS MEDIEVAL
Como todos os anos o Ceip Plurilingüe A Pedra sae as rúas de Bueu para celebrar o ENTROIDO, neste caso MEDIEVAL. Pero non todo foi troula tamén INVESTIGAMOS E APRENDEMOS con Papirus como era a vida nesa época: a sociedade, onde vivían e como vivían, quen eran os nobres e os plebeos, como era a cerimonia de "ordenarse cabaleiro", a vida nos castelos e as súas partes .
Os máis pequenos fixeron o seu PROPIO CASTELO para despois visitar UN DE VERDADE, viron unha PELÍCULA, recibiron unha carta do MAGO MERLÍN e moitos AGASALLOS .
venres, 17 de febreiro de 2012
O FARO DA PEDRA
O Equipo de Orientación do cole ven de estrear o seu blog O FARO DA PEDRA que pon ao servizo de toda a Comunidade Educativa. Pouco a pouco irase enchendo de recursos e experiencias que esperamos nos axudarán na difícil tarefa de educar ao noso alumnado. Aquí vos deixo o enlace que tamén podedes atopar no lateral dereito, no apartado OS NOSOS BLOGS.
luns, 13 de febreiro de 2012
FALECE GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ
O 12 de febreiro falecía aos 85 anos de idade, Germán Sánchez Ruipérez. Era un home que estaba moi ligado ao mundo da educación, da cultura e da literatura. Foi o fundador da Fundación que leva o seu nome e que se coñece coas siglas FGSR dedicada á difusión e extensión da lectura e do libro. Para saber máis desta mala nova preme na imaxe.
domingo, 12 de febreiro de 2012
BOAS NOVAS CADA DÍA
Este ano decidimos celebrar a PAZ buscándoa ao noso redor por iso o corredor da entrada do cole encheuse de BOAS NOVAS que os rapaces e rapazas escolleron nos distintos xornais. Non foi un traballo fácil, xa que as boas novas escasean e ademais o noso alumnado tivo que refacelas, contándoas coas súas propias palabras e facendo un debuxo ou recortando unha foto para ilustrala.
Aquí vos deixo algunhas pero se queredes ver máis, achegádevos ao cole.
xoves, 9 de febreiro de 2012
GONZALO MOURE NO BIBLIOCASTELO
Onte tivemos o gran pracer de recibir no Bibliocastelo a Gonzalo Moure. Foi unha conversa moi agradable. É marabilloso como sabe chegar, non só aos rapaces e rapazas, senón tamén aos adultos, Tod@s gozamos moitísimo da súa presenza e aprendemos moitas cousas.
Os nenos e nenas fixéronlle numerosas preguntas, ás que contestou con moito agarimo.
Así descubrimos que lle encanta a súa profesión porque di que "é o traballo máis bonito do mundo. Ser libre, escribir do que eu quero é algo impagable". Desde neno escribir lle parecía que era facer maxia: "Nun bolígrafo está o conto máis bonito do mundo"
Agora sabemos que leva escritos máis de 40 libros e que o seu preferido é "PALABRAS DE CARAMELO" porque está escrito dende o corazón.
Tamén nos falou dos libros que estiveron lendo os nosos nenos e nenas, así de "CUENTO Y CAMA" nos contou que se inspirou nunha nena que chorando lle contaba como desde que aprendera a ler. botaba de menos cando súa nai se metía na cama con ela e lle contaba un conto.
Para escribir "LOS CABALLOS DE MI TÍO" inspirouse nos seus propios cabalos que lle ensinaron moitas cousas que non sabía e aprendeu con eles! outra maneira de mirar á vida.
Falounos do libro que está escribindo agora mesmo "EL ANIMAL DE MIS ANIMALES, SOY YO" porque el coida e xoga cos seus animais pero eles tamén xogan con el e o coidan.
É a segunda vez que temos a sorte de contar coa presenza de Gonzalo Moure no noso cole e xa estamos desexando que volva pronto porque nos encanta escoitalo.
MOITAS GRAZAS GONZALO
POR ESTES MOMENTOS TAN MARABILLOSOS!!!
POR ESTES MOMENTOS TAN MARABILLOSOS!!!
sábado, 4 de febreiro de 2012
PRÓXIMA VISITA NO BIBLIOCASTELO
Estamos impacientes agardando a VISITA DE GONZALO MOURE prevista para o mércores día 8 de xaneiro. É a segunda vez que visita o noso Bibliocastelo e como xa o coñecemos sabemos que os rapaces e rapazas do 2º ciclo van gozar moito coa súa presenza.
Polo de agora xa o están pasando ben cos seus libros:
Os alumn@s de 3º están a ler CAMA Y CUENTO, a súa protagonista, Malva, xa é maior pero non quere perder o momento máxico no que a súa nai lle le contos pola noite antes de durmir. Unha historia preciosa para nais/pais e fill@s.
Os nen@s de 4º están a ler LOS CABALLOS DE MI TÍO. Darío, un neno de cidade que ten 10 anos vai veranear á finca dos seus tíos en Asturias. Alí coñecerá a Gioconda e Leonardo, dous cabalos aos que coidará e aprenderá a tratar, descubrindo que os animais teñen sentimentos e necesitan afecto.
Para saber máis accede ao noso CADERNO DE VISITAS

mércores, 1 de febreiro de 2012
SI QUE CHE GUSTA LER
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vén de presentar unha campaña de lectura dirixida a mozos e mozas de 14 a 18 anos. Preme na imaxe e xoga.
UN ENTROIDO MEDIEVAL
Este ano o Ceip A Pedra vai volver atrás no tempo, viaxaremos ata a IDADE MEDIA e coñeceremos a época dos cabaleiros e dos señores feudais. Aprenderemos quenes e como eran os habitantes dos castelos e investigaremos como era a sociedade daquela época.
E cando chegue o Entroido sairemos polas rúas de Bueu cos nosos fermosos traxes medievais.
Para que cheguedes a ser uns expertos en cuestións do medievo, empezaremos por visitar un castelo medieval pero non é un castelo calquera, preme na imaxe e xa verás...
Agora imos ver un video moi interesante sobre os castillos medievais.
Ímonos divertir un pouco, ti sabes como e a que xogaban naquela época?
Os nenos e nenas de INFANTIL DE 3 ANOS estiveron facendo un precioso castelo na súa aula como se pode ver neste video

![]() |
WEBQUEST 2º E 3º CICLO |
![]() |
WEBQUEST SERVOS E VASALLOS |
Agora imos ver un video moi interesante sobre os castillos medievais.
Ímonos divertir un pouco, ti sabes como e a que xogaban naquela época?
![]() |
WEBQUEST: XOGOS NA IDADE MEDIA |
![]() |
WEBQUEST 5º PRIMARIA |
Entra nun castelo medieval premendo AQUÍ
PROXECTO MEDIEVAL para traballar cos rapaces e rapazas de Educación infantil
PROXECTO MEDIEVAL para traballar cos rapaces e rapazas de Educación infantil
Os nenos e nenas de INFANTIL DE 3 ANOS estiveron facendo un precioso castelo na súa aula como se pode ver neste video
DÍA DA PAZ
O luns 30 de xaneiro, celebramos no patio do cole de Primaria, , o DÍA DA PAZ.
Nenos e nenas dos distintos cursos leron algunhas das boas noticias que están expostas no mural da entrada do cole.
Todos xunt@s cantamos a canción de Louis Armstrong, WHAT A WONDERFUL WORLD, que preparamos nas aulas e démonos apertas de Paz, coa RUMBA DAS APERTAS.
Para rematar soltamos as pombas que voaron libres mentras tod@s nos aplaudiamos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)