venres, 30 de marzo de 2012
mércores, 21 de marzo de 2012
DÍA DA POESÍA
Hoxe, 21 de marzo é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA e que mellor maneira de celebralo que lendo poemas. A Papirus encántalle a poesía, agora mesmo anda a ler un precioso libro de Fran Alonso: O MEU GATO É UN POETA
MANUAL PARA SER POETA
-INSTRUCIÓNS-
1) Un bo poeta leva sempre
libros na maleta.
2) Cando remates un poema,
escribe outro co mesmo tema.
3) Nunca escribas de noite, porque non
hai ninguén que te escoite.
4) Mentras escribes, non mexes.
É preferible que coa poesía pelexes.
5) Non recites na bicicleta:
iso cansa moito ao poeta.
6) Ao final o que máis importa é
Se o que escribes a xente soporta
E a ti, cal é o poema que máis che gusta?
A Papirus gustaríalle moito sabelo e encher o corredor da biblio coas vosas poesías preferidas para que todo o mundo poida gozar delas. Por iso, este luns recibimos unha CARTA cunha interesante proposta.
Recuncho da Poesía |
Tamén os nosos pequeniños do cole celebraron este día entre poemas e ata escolleron o seu favorito.
AS BOLBORETAS
Mirade as bolboretas
pintadas de colores
¡que contentas!
Xogan, baila, rin
pasando de flor en flor
¡parece qye están de festa!
Tan só unha está agochada
baixo a flor dunha camelia
porque o sol lle molesta.
A primavera chegou.
martes, 13 de marzo de 2012
LE E DEBUXA
Con tal motivo os nenos e nenas do CEIP A Pedra puideron achegarse e coñecer a súa vida e obras máis importantes .
Unha das actividades propostas, LE E DEBUXA, consistiu en ilustrar algúns versos extraídos dos libros Cantares Gallegos e Follas Novas.
Os versos estaban expostos nun panel no corredor, con espazo suficiente e pinturas para debuxar de maneira voluntaria o que cada quen quixera. Este foi o resultado . Son uns artistas
xoves, 8 de marzo de 2012
CLARA CAMPOAMOR
Dende a Biblioteca do Ceip Andrade (Pontedeume) chéganos este traballo sobre Clara Campoamor.
Open publication - Free publishing
mércores, 7 de marzo de 2012
XOGA E APRENDE NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
martes, 6 de marzo de 2012
ANA ALONSO NO BIBLIOCASTELO
Onte tivemos a gran sorte de ter a Ana Alonso no cole por segunda vez. Falounos da lectura e animounos a ler e a escribir: " La experiencia de compartir libros es muy bonita. Hay lugares imaginarios que sólo están en los libros y sólo se puede viajar a través de ellos".
Contounos como foron os seus comezos cando aínda era unha nena, con 11 ou 12 anos, e que escribía porque a facía sentirse ben, era unha necesidade, unha maneira de expresarse e contar as súas preocupacións .
"La gente que ha leído mucho es gente que ha vivido mucho porque leyendo acumulamos experiencias"
Tamén nos descubriu como chegou a publicar os seus primeiros libros de poemas e pouco despois grazas a colaboración de Javier Pelegrín as historias que agora lemos .
Da colección "LA LLAVE DEL TIEMPO" dixo, entre outras moitas cousas, que era unha distopía, presentaba unha situación futura castastrófica moito peor que a situación actual e que estaba sendo traducida ao francés, xa está en inglés e italiano.
Do libro de poemas "PIRATAS EN VERSO, VERSOS PIRATAS" comentou que nel combinaba a súa faceta de poeta coa de contar historias e que lle encanta o mundo literario dos piratas porque...
" ...encarnan la libertad, la sed de aventuras y resultan muy atractivos"
Resultou unha xornada moi interesante na que os nen@s fixeron moitas e moi boas preguntas sobre os libros que leran.
Dende aquí moitas grazas e esperamos repetir un ano destes.
Dende aquí moitas grazas e esperamos repetir un ano destes.
Se queres saber máis, preme AQUÍ.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)