Este ano dedicamos a celebración do DÍA DA PAZ a NELSON MANDELA, como homenaxe polo seu recente pasamento.
Nos días previos, nas distintas titorías, traballouse a figura deste home, símbolo mundial da loita polas inxustizas que cambiou a historia de Sudáfrica. Os rapaces e rapazas coñeceron a súa traxectoria vital e as súas aportacións, a través de videos e actividades varias.
Cada aula escolleu unha frase célebre de Mandela e con todas elas elaboramos un mural que se atopa na entrada do cole.
" A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo"
"Derribar e destruír é moi fácil. Os héroes son aqueles que constrúes e traballan pola paz"
" A xente ten que aprender a odiar, e se eles poden aprender a odiar, tamén se lles pode ensinar a amar, o amor chega máis naturalmente ao corazón que o seu contrario"
" A liberdade é inútil se a xente non pode encher de comida os seus estómagos, se non pode ter refuxio, se o analfabetismo e as enfermidades seguen perseguíndonos"
"A arma máis potente non é a violencia senón falar coa xente. Gústanme os amigos que teñen pensamentos independentes, porque adoitan facerche ver os problemas desde todos os ángulos"
" Despois de escalar unha montaña atópase só con que hai moitas máis montañas que escalar"
" Necesitamos situar a erradicación da pobreza no primeiro lugar das prioridades mundiais. Temos que ter claro qeu todos compartimos unha humanidade común e que a nosa diversidade en todo o mundo é a maior fortaleza do noso futuro conxunto"
" A pobreza non é natural, é creada polo home e pode superarse e eliminarse mediante accións dos seres humanos. E erradicar a pobreza non é un acto de caridade, é un acto de xustiza"
´"Ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel ou a súa orixe ou a súa relixión"
"Non me xulgues polos meus éxitos xúlgame polas veces que caín e volvín a levantarme"
"Aprendín que a coraxe non era a ausencia de medo, senón o triunfo sobre el. O valente non é quen non sinte medo, senón aquel que conquista ese medo"
" A educación é o gran motor do desenvolvemento persoal. E a través da educación como a filla dun campesiño pode converterse en médico, o fillo dun mineiro pode converterse no xefe da mina ou o fillo de traballadores agrarios pode chegar a ser presidente dunha gran nación"
" A maior gloria na vida non consiste en non caer, senón en levantarnos cada vez que caemos"
O xoves 30 de xaneiro todos xuntos saímos ao patio para ler estas frases...
Para rematar o acto cantamos as cancións que estiveramos a practicar nos últimos días :
"Campás pola paz" do disco Pan de Millo do grupo Migallas
E "Mandela Day" de Simple Minds