A semente da arte prendeu este curso en todos os membros da Comunidade escolar. Por iso, a Martín ocorréuselle que a arte rupestre sería a máis axeitado para realzar a entrada do colexio.
A nosa arte rupestre son os petroglifos. Ramón, gran afeccionado, fixo unha selección dos mellores da provincia de Pontevedra: Campo Lameiro, Ponte Caldelas, Poio, Marín, Baiona, Oia, O Morrazo Gondomar, Cotobade...
Fixeron tamén unha selección por temas: animais en distintas escenas, armas, círculos, espirais, cazoletas, labirintos...
Coa axuda da profe Cris e un proxector fixéronse os debuxos nu muro e comezaron a picar e picar...
Despois de moitas horas e moitos martillazos, Ramón e Martín remataron de gravar os petroglifos no muro de formigón.
O paso seguinte foi remarcalos con pintura máis escura para que se poidesen ver mellor, desta parte encargáronse os nenos enenas de 5º con moito agarimo.