sábado, 26 de febreiro de 2011

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ NOMEADO PARA O PREMIO ANDERSEN

GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) nomea a Agustín como candidato da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil) ao Premio Andersen.
Preme na imaxe para saber máis desta nova publicada hoxe e saberás ademáis do éxito doutros autores galegos como Anxo Fariña e Fina Casalderrey, entre outros, que optan a galardóns.

mércores, 23 de febreiro de 2011

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de Febreiro recordamos o nacemento desta gran poetisa galega que escribiu tanto en lingua galega coma en lingua española. No século XIX, a época na que viviu Rosalía non resultaba nada fácil porque a lingua galega quedara reducida a un mero dialecto, despreciado e desprestixiado.
"Era apacible el día” é un poema en castelán que corresponde á última producción lírica de Rosalía. O poema amosa o temperamento melancólico da autora e o sentimento de dor que impregna a súa obra, neste caso debido á morte dun fillo de curta idade.

Era apacible el día

y templado el ambiente
y llovía, llovía,
callada y mansamente;
y mientras silenciosa
lloraba yo y gemía,
mi niño, tierna rosa,
durmiendo se moría.
Al huir de este mundo, ¡qué sosiego en su frente!
Al verle yo alejarse, ¡qué borrasca la mía!.

Tierra sobre el cadáver insepulto
antes que empiece a corromperse…, ¡tierra!
Ya el hoyo se ha cubierto, sosegaos,
bien pronto en los terrones removidos
verde y pujante crecerá la hierba.

¿Qué andáis buscando en torno de las tumbas,
torvo el mirar, nublado el pensamiento?
¡No os ocupéis de lo que al polvo vuelve!
Jamás el que descansa en el sepulcro
ha de tornar a amaros ni a ofenderos.

¡Jamás! ¿Es verdad que todo
para siempre acabó ya?
No, no puede acabar lo que es eterno,
ni puede tener fin la inmensidad.

Tú te fuiste por siempre; mas mi alma
te espera aún con amorosa afán,
y vendrás o iré yo, bien de mi vida,
allí donde nos hemos de encontrar.

Algo ha quedado tuyo en mis entrañas
que no morirá jamás,
y que Dios, por que es justo y porque es bueno,
a desunir ya nunca volverá.

En el cielo, en la tierra, en lo insondable
yo te hallaré y me hallarás.
No, no puede acabar lo que es eterno,
ni puede tener fin la inmensidad.

Mas… es verdad, ha partido,
para nunca más tornar.
Nada hay eterno para el hombre, huésped
de un día en este mundo terrenal,
en donde nace, vive y al fin muere,
cual todo nace, vive y muere acá.

luns, 21 de febreiro de 2011

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Acaba de cumprirse o cincuentenario da publicación das Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, unha das obras máis populares da literatura galega.
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre". Así comezan os pensamentos, do neno protagonista, no territorio limitado do mundo rural galego.
Conta neste seu diario as súas experiencias. Segundo o seu autor, Memorias dun neno labrego foi escrita no segundo semestre de 1960. Nela pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega, concretamente da comarca de Deza, na aldea de Gres, en Vila de Cruces

Preme na imaxe

domingo, 6 de febreiro de 2011

LUIS DAVILA E A IGUALDADE NO TRABALLO

O martes 1 de febreiro Luis Davila estivo no noso cole co alumnado do 3º ciclo. Este fantástico debuxante de tira cómica dounos unhas orientacións para participar no concurso de Viñeta e Ilustración "A igualdade no traballo" convocado polo Concello de Bueu para conmemorar o Día da Muller Traballadora (8 de marzo).

Plantexounos idear unha viñeta de medio folio sobre as dificultades que pode atopar a muller no mundo do traballo, os atrancos para acceder a postos de responsabilidade, o problema do salario (en moitos traballos as mulleres cobran menos que os homes), o "moving" ou acoso laboral, a conciliación da vida familiar e laborar. Reflexar o feito de que debe haber resparto das tarefas no fogar, que o traballo debe ser compartido.
Estes serían algúns exemplos de viñetas que él mesmo debuxou:








Ensinounos como debuxar as caras e as expresións (contento, triste, enfadado, sorpresa...) e a facer caricaturas.
É incrible a facilidade coa que ilustra e reflexa os sentimentos a través dos trazos.
Moitas grazas Luis polos teus consellos e polo teu tempo.

sábado, 5 de febreiro de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O 28 de Xaneiro saimos todos ao patio do cole despois do recreo para celebrar O DÍA DA PAZ cun pequeno homenaxe.
Os rapaces e rapazas por niveis leron os seus manifestos e desexos de paz para este ano.
A continuación todos xuntos cantamos a canción que levabamos unhas semanas preparando nas aulas "WE ARE THE WORLD"