luns, 20 de febreiro de 2023

XOGANDO NO ENTROIDO

 Este ano tivemos un entroido moi animado e lúdico. A nosa escola encheuse cos distintos xogos que argallamos. 

 O 17 de febreiro saímos ata o cole de infantil levando os nosos disfraces para reunirmos todxs e gozar dunha xornada de festa e música.

Fai click nestas ligazóns para saber máis:

TRASNOS 

4º PRIMARIA

mércores, 1 de febreiro de 2023

RECREOS DE CONTO

Ola amiguiñxs!

Hoxe houbo sesión dobre de contacontos no Bibliocastelo. Primeiro Mariña, Noa, Ofelia e Carmen Castro representaron o conto Un máis de Olalla González e Marc Taeger.








Logo, como a rapazada quedou con ganas de máis, Gabriel leulles o conto Artur e Clementina de Adela Turín.





Noraboa! Fixéstelo xenial!! A rapazada quedou moi contenta e con ganas de máis contos.