mércores, 29 de decembro de 2010

ESTE NADAL UN LIBRO SERÁ O MELLOR AGASALLO

Estes son os libros que lle tendes que pedir aos Reis Magos neste Nadal. A volta das vacacións, leerémolos e aprenderemos moitas cousas deles e dos seus autores/as. Quen sabe? Ao mellor co Novo Ano chega algunha sorpresa!



EDUCACIÓN INFANTIL
Para os nenos e nenas de Infantil CORMARÍN de Xoán Babarro, ilustrado por Ana Santiso.



LENGUA CASTELLANA 1º CICLO

Para 1º de Primaria BLANCANIEVES EN LA CIUDAD de Ana Alonso, editorial Anaya.
La madrastra ha enviado a Blancanieves a la ciudad, pensando que allí se perderá para siempre, lo que ella no sabe es que la ciudad es un lugar muy bien organizado, donde hasta los niños perdidos encuentran ayuda…

Para 2º de Primaria LOS DUENDES DEL OTOÑO de Ana Alonso de la editorial Anaya.
Los duendes del Otoño tienen un serio problema: La Bruja de las Margaritas se ha instalado en su bosque, y no permite que se vaya el buen tiempo.

LINGUA GALEGA 1º CICLO


Para os nenos e nenas de 1º CONTÍN, CONTÓN de Antón Cortizas e Leandro Lamas de Edicións Embora fálanos dun animaliño de rabo peludo.


Para o alumnado de 2º A PEDRA E AS FORMIGAS de Jacobo Fernández Serrano da editorial Xerais narra a historia de dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque e que viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar.

LENGUA CASTELLANA 2º CICLO
Para 3º MEMORIAS DE UNA GALLINA de Concha López Narváez de la colección El Duende Verde, editorial Anaya. Carolina nos va contando su vida, desde su nacimiento, junto a sus hermanos, hasta su vida de gallina adulta ponedora en el gallinero de la granja.

Para los niños y niñas de 4º NEÓN, EL PERRO RELOJ de Graciela Bialet e ilustrado por Agustín Comotto de la editorial Anaya.




LINGUA GALEGA 2º CICLO DE PRIMARIA

MIL COUSAS PODEN PASAR da editorial Xerais para os rapaces e rapazas de 3º e 4º.
Os fillos do rei do mar, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009.


LENGUA CASTELLANA 3º CICLO DE PRIMARIA


Para los niños y niñas de 5º y 6º, EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA, del escritor catalán Jordi Serra i Fabra, publicado por la editorial Anaya. Soledad,la profe de lengua, está harta de que sus alumnos no se esfuercen en clase. Es un libro muy divertido en le que también tu podrás descifar muchas adivinanzas y acertijos



LINGUA GALEGA 3º CICLO DE PRIMARIA


Para os nenos e nenas de 5º este libro de poemas de Ana Mª Fernández, A CASA DE HABÍA UNHA VEZ, con ilustracións de Enjamio da editorial Xerais.


Para os maiores do cole, 6º de Primaria, SUPERLÓPEZ E A CAIXA DE PANDORA.
Esta parodia de Superman que naceu do lápis do debuxante Juan López, Jan, alá polo 1973, pode lerse agora en galego, publicada pola editora Cerditos de Guinea.


Preme nas imaxes para saber algo máis destes libros.



venres, 24 de decembro de 2010

FELICITACIÓN DE NADAL

Desde o Ceip A Pedra toda a comunidade educativa deséxavos unhas moi FELICES FESTAS e os nosos mellores desexos para o ANO NOVO 2011

FESTIVAL NADAL

O mércores 22 de decembro celebramos o Festival de Nadal no Centro Social do Mar. Pasámolo estupendamente e disfrutamos moitísimo coas maravillosas actuacións do noso alumnado. Cantamos e bailamos algunha canción de Nadal, gozamos dalgunha representación teatral e rimos co clube do chiste. Pero aínda houbo máis...




Cando voltamos ao cole estábannos agardando as súas maxestades: Melchor, Gaspar e Baltasar, recén chegados de Oriente que nos agasallaron cunha bolsa de lambetadas.


En agradecemento por vir desde tan lonxe os maoires cantáronlles o seu "rap especial de reis"

Para rematar a xornada compartimos unha deliciosa merenda nas aulas.

Que máis se pode pedir!

martes, 21 de decembro de 2010

OBRADOIROS DE NADAL

O venres 10 de decembro, aproveitando a semana da ponte, levamos a cabo os xa tradicionais OBRADOIROS DE NADAL. Cada ciclo foi pasando, por turno, polos catro talleres que organizan os especialistas do cole e algunhas mamás dos máis pequenos/as.
A continuación poderedes ver a distribución por ciclos e un pequeno resumo acompañado das fotos de cada obradoiro.
  • OBRADOIROS DO PRIMEIRO CICLO
OBRADOIRO PLÁSTICO
Como todos os anos preparamos o noso Belén de plastilina coa axuda das mamas dos nenos e nenas do primeiro ciclo. Que bonito quedou na entrada principal do noso cole!!!


OBRADOIRO DECORATIVO
A profe Lina ensinounos a facer estrelas para decorar o fondo do Belén de plastilina. Tamén fixemos as letras que podedes ver na entrada do cole, encima do Belén.


OBRADOIRO BILINGUE
Aprendemos coa profe Marina vocabulario en inglés sobre o Nadal, despois xogamos coa pizarra dixital e por último coloreamos uns debuxos para facer un mural que xa decora o corredor do 1º ciclo.



OBRADOIRO RECREATIVO
Coa profe Geli fixemos un mural precioso dun barco, que fomos enchendo con noces. Tamén pintamos letras e debuxos de animais para completar o mural.




  • OBRADOIROS DO SEGUNDO CICLO
OBRADOIRO DECORATIVO
Coa profe Carmen decoramos unha árbore de Nadal cos nosos mellores desexos para o ano que vai vir. Quedounos chulísima!!!




OBRADOIRO RECREATIVO

Moitos xogos e diversión no ximnasio coa profe Bea. Que rapaces/as tan habilidosos e que ben o fixeron!!!




OBRADOIRO MÁXICO
Como xa ven facendo desde hai uns anos, O Mago Ramón fíxonos pasar un rato moi divertido cos seus trucos de maxía na sala de usos múltiples.



OBRADOIRO BILINGUE
Hannah ensinounos vocabulario en inglés, relacionado co Nadal, xogando a un Bingo moi especial,
onde os números eran imáxenes.


  • OBRADOIROS DO TERCEIRO CICLO
OBRADOIRO RECREATIVO
No patio cuberto xogamos, con Goretti, en dous equipos a ver quen era quen de poñer máis prendas de roupa enriba.



OBRADOIRO DECORATIVO
Con Elena, na ludoteca, fixemos unhas postais de felicitación de Nadal que puxemos na cristaleira da entrada do cole, onde todo o mundo as puidese ver.



OBRADOIRO MUSICAL
Na aula de música bailamos a Danza dos machetes con Nuria, a profe de música. Pasámolo en grande!!!



OBRADOIRO LITERARIO
Xogamos na biblioteca, con Luisa, seguindo pistas para descubrir mensaxes secretas nos libros. Demostramos que somos bos e asiduos lectores e que coñecemos os libros que hai na biblioteca.