Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º asistiu no Centro Social do Mar da nosa vila a unha charla impartida por María Corbacho, autora do libro Vida Sa! , da editorial Hércules. Ademais deste libro, ten outros dous publicados sobre alimentación. Tamén é a autora do blog Un reflejo en el espejo http://www.1reflejoenelespejo.com/. Nel atoparedes receitas, consellos e información moi interesante.
Contounos a súa experiencia persoal, o acoso que sufriu por ter quilos demais e como conseguiu adelgazar máis de cincuenta quilos seguindo unha dieta saudable.
Interactuou cos rapaces e rapazas a través de preguntas como :
Que é para ti a vida sa?
Cantas comidas fas ao día?
Almorzas?
Que alimentos tomas no almorzo?
Fíxonos reflexionar sobre a importancia que ten a mente, o concepto que temos de nós mesmos. O piar fundamental da vida saudable é sen dúbida, o querernos e aceptarnos tal como somos, cos nosos defectos e virtudes.
Rematou resumindo os piares fundamentais para vivir sa :
1.- Quérete e respéctate e fai o mesmo cos que te rodean.
2.- Come de forma saudable.
3.- Fai deporte.
4.- Le, estuda... Isto tamén é sa para ti!
Unha charla moi interesante! Moitas grazas María polos teus consellos! Foi un pracer que compartiras a túa experiencia con todos nós!