xoves, 24 de decembro de 2020

BO NADAL!

Hola amiguiñxs:


Con esta postal colaborativa todos os mestres e mestras que forman parte do CEIP a Pedra e máis eu, queremos desexarvos unhas Felices Festas! Foi feita a partir dun mural realizado por todo o alumnado. O lema elixido foi o de Pablo Cubero Picos de 5º de infantil A:

"Que a solidariedade do Nadal sexa a nosa fonte de enerxía habitual"

Este ano por mor da situación que estamos a vivir, decidimos facer dous murais, un en infantil e outro en primaria, que se decoraron coas postais que realizaron en cada curso. Cada clase tiña que elaborar unha postal navideña con materiais de refugallo e que estivese relacionada con algúns dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel). Queraron chulísimas! Ollade!













Gozade do Nadal en familia! Vémonos o próximo ano no Bibliocastelo. Coma sempre, botareivos moito de menos.
Moitos biquiños e unha fortísima aperta. Quérovos!





venres, 11 de decembro de 2020

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2020. LECTURAS PARA SOÑAR

 Ola amiguiñxs:

Xa están aquí, recén saídas do forno, as sempre esperadas recomendacións de lectura e música en galego para agasallar no Nadal ou en calquera época do ano. Hoxe ides levalas nas vosas mochilas!

Estas guías foron elaboradas pola coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística do Morrazo (da que nos sentimos moi orgullosos de formar parte).


Dende aquí queremos darlle as grazas a Anum Zahra, unha ilustradora nobel, que nos agasallou con esta fermosa ilustración para decorar as guías. Tamén queremos agradecer a excelentísima Deputación de Pontevedra que as imprimiu de xeito gratuíto.
Este ano o lema é:
"Move o corazón da túa vila, visita a túa libraría"
Máis ca nunca, animámosvos a mercar na nosa vila e apoiar así o comercio local.

Olládeas, compartídeas e que cheguen moi lonxe!

 

  

  

 

Espero que sexan do voso agrado e que vos resulten útiles.

Biquiños!


martes, 1 de decembro de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Ola amiguiñxs:

Contáronme que estades facendo unha manchea de experimentos. A rapazada de segundo mandoume as fotos e o vídeo do seu experimento. Ollade!










Despois cubriron unha ficha onde recollían os ingredientes e os pasos a seguir para a realización do experimento. Para que logo, os que quixeran, puideran facelo na casa.








Moitas grazas por compartilo con nós!
Biquiños.