Este outono estamos a celebrar unhas xornadas micolóxicas no cole e seguindo coas actividades programadas para os distintos ciclos e niveis. Onte, venres, tivemos a sorte de contar con Xabier, pai de Icía, unha nena de 3º, que é un gran afeccionado AOS COGOMELOS .
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEisZeAqmOICItFXTCEZJGKToek04s64v-ENM5C1Wrg1wQzQv5gq1m8yv1lU9S65fR_ePgwOvDANkiAxThM2OREZmLvrj6ZrsiX5wHfgzAVz34gpWO6vxiy4YBRclo_Hygz99vlAIS3AEbc/s320/DSCF1484.JPG)
Ensinounos moitas cousas así que vou facer un resumo da súa charla, que foi moi interesante.
Falounos de cogomelos velenosos como a AMANITA MUSCARIA tamén chamada "Escornabois" porque di que volve tolas as vacas cando a comen. A AMANITA PANTHERINA e a AMANITA PHALLOIDES todas moi velenosas e mortais. Non debemos nin achegar a nosa boca a elas porque teñen 32 sustancias nocivas que producen un efecto fatal sobre o figado.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEivRMF1gaHBMzIADYcux2Df7br5ha8JOwflktQ20F9nARR3FtqJlr7RhCrsa0JEdgPnid7ebrV8IhQ9AYpESXDeqhrYJ7FIP-3dbZUvQb2jyJROH7J6p9HFnD7VfQKEbKeBQr0KGvBzN1s/s320/amanita%252Bmuscaria.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjjvtB1Mejzp3hg2O16sr7rvJu26FDF0R7nTDBkJFnvDRhuLrAZ0gRlvsHotycQPoKhaHli38V5dhV_Emtzj0474R1-PRQ9lbdmBbqhdwCWm2uVrRatnDbhpikR7A4dIxAgxlQxsPksa7U/s320/AMANITA_PANTHERINA1.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEheHEmGVKcHD5NmlZ7uldF2TevyTGhjTgzyL1ofErBiyhDICrd-Uws2GG69UDVKK0r5Lx8keVeAUm1-K-TAVt0-8jOnfDj7apcPWDTwmsIojm6oGsnQFulp06R7mVscdHgG_vGURUfocMU/s320/imagesCA98WQEN.jpg)
As INOCYBES son outros cogomelos velenosos e moi perigosos. Cando as comes parece que non fan dano pero se se toman bebidas alcohólicas nas 48 horas anteriores ou posteriores, ou se comes moitas, pouco a pouco as súas sustancias van pasando ao sangue e afectando aos riles, ocasionando a morte.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjYRBhfwofBgKayy02P7DBecDRgPnnlF66bwVyrklkzsmalG53jRg0WBuwRr5uCjNg12uuouaBvbbOYyrzOI3dFlPiMwVNzKuYg4LZ9uGN-VIXIhSaB9K6neWGbkAAeRu1nKUErhGwEzqM/s320/inocibes.gif)
Tamén nos falou de cogomelos comestibles, como unha Amanita moi parecida a Muscaria, chamada RUBESCENS ou CAESARIS porque era a comida dos Césares da Antiga Roma. En castelán é coñecida como "HUEVO DEL REY" porque é tan deliciosa que era un privilexio só reservado aos reis. Nacen preto dos carballos. Son moi caras e moi apreciadas. En Extremadura as cocen nunha cazola de barro con pemento, cebola e porro.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhmnFXxylpD25dPUkMf-q1gyclggPLDO2C8BUWbTNg3f74obGSMCXl43Ga6Q60XnkLrCcFWkak7cJSoEyTesjzgqEAwCapgUGqKpu5524EFy7ymvJxsbX0mpoxU0NfXU1O9lt_aDbddYHc/s320/imagesCAO6I34W.jpg)
A MACROLEPIOTA PROCER ou ZARROTE e un cogomelo enorme que ten unha curiosidade no seu anel, que é a movilidade. Cando nacen e ainda están pechadas chámanse MONXES, pola súa forma e aínda son máis apreciadas. Nacen a montóns na zona de Lugo (Melide, Sarria, Lalín...) Para preparalas, a avoa de Xabier quitáballes a pel que tiñan encima porque se non amarga un pouco e despois de cortalas en anacos pequenos, embadurnaba a cociña de ferro con graxa de porco para fritilas, condimentadas cun pouco de sal fina. Tamén se poden fritir nunha tixola con aceite e sal.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjolLNX7WnXvEsGzNPza_AK7GEtJpNmUebSld83iV83HKVPT2TQ75Cp_SFH7719BdpOZfMEUZpUbhPVaYOLZSUMNgDQ3G6N1cgiJ4_V209xgoM5IJ53ICcZu9WkEAAl1Xc2XRly-ITGY_Y/s320/macrolepiota_procera.jpg)
Antes de rematar a súa exposición micolóxica dounos unha RECOMENDACIÓNS MOI IMPORTANTES:
Se non coñecedes os cogomelos non debedes collelos e moito menos probalos, son moi perigosos e algúns mortais.
Sempre hai que ir recoller cogomelos con alguén que os coñeza.
Debemos protexelos, non pisalos nin collelos porque se non desaparecen e nese lugar non nace outro.