martes, 21 de decembro de 2021

BO NADAL!

Ola amiguiñxs:

Por fin as vacacións de Nadal!

:

Con esta postal colaborativa os mestres e mestras do CEIP Plurilingüe a Pedra e máis eu queremos desexarvos unhas Felices Festas. Foi feita a partir dun mural realizado por todo o alumnado do cole. O lema elexido foi o de Diego Moreira Fernández de 1ºA:

"Xuntos no Nadal por 50 anos máis"

Noraboa Diego! Un bonito lema que fai referencia ao 50 aniversario do noso cole.
O alumnado de 1º, 2º e 4º agasallounos cunha panxoliña en galego titulada Sinto o Nadal de Kókiti Música, que interpretaron en lingua de signos, grazas a axuda da intérprete nesta lingua, Rosa Louro. Ollade e escoitade!

 
Xenial, encántame!
Gozade do Nadal en familia! Pasádeo moi ben! Vémonos o vindeiro curso no Bibliocastelo. Quérovos!



luns, 20 de decembro de 2021

Guías de lectura.

 Un ano máis, a Coordinadora de equipos de Dinamización Lingüística, da que o noso cole forma parte,  elaborou unhas guías de lectura con propostas para agasallar nestas datas. Animádevos a ler en galego!



Esperamos que vos gusten!

venres, 26 de novembro de 2021

25 - N CÁPSULAS IGUALDADE CONCELLO DE BUEU

 Co gallo da celebración desta data, o Concello de Bueu difundiu na canle de YouTube durante toda a semana as "Capsulas de igualdade", unha serie de audiovisuais elaborados cos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero e nos que se aborda a atendión e protección de vítimas de violencia de xénero, o ordenamento xurídico ante esta problemática, un decálogo sobre videoxogos non sexistas, e algunhas pauas paa a correcta utilización das redes sociais.

xoves, 25 de novembro de 2021

25N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Como todos os anos por estas datas o noso colexio énchese de actividades relacionadas coa NON VIOLENCIA DE XÉNERO. charlas, lecturas de contos, actividades plásticas...


 

Aquí vos deixo unha escolma realizada nalgúns dos niveis do cole:

 TRASNOS A PEDRA

2º PRIMARIA

4º PRIMARIA

martes, 23 de novembro de 2021

CONTACONTOS: AS FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS

 O luns 22 de novembro as/os axudantes da biblio MARTINA, PAULA, MARTÍN, VIOLETA e BLANCA de 6º de primaria, representaron o conto das FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS de Victoria García diante do alumnado de 2ºA.

Levaban uns días ensaiando no Bibliocastelo para preparar a actuación e ata se vestiron para a ocasión. Que ben campaban!!!

Por mor da situación covid, decidiron facer o contacontos no exterior e ainda que había algo de ruído, todo saiu moi ben.

luns, 22 de novembro de 2021

AS TANXUGUEIRAS NA PEDRA

 Estou moi contento porque o venres 19 de novembro tivemos a gran sorte de recibir na nosa escola a visita especial das TANXUGUEIRAS. 

Grazas a elas gozamos dun OBRADOIRO DE MÚSICA TRADICIONAL co que aprendemos moitas cousas sobre a pandeireta e outros instumentos semellantes. 

Para rematar a actividade deleitáronnos con algunhas cantigas e como me gustaron as súas marabillosas voces!!!

Nestas imaxes vos deixo uns enlaces con máis información do seu paso polo noso cole e algún video coa súa actuación que non me canso de ver e escoitar...

 

PREME NESTA IMAXE


PREME NESTA IMAXE




venres, 19 de novembro de 2021

UNHA VISITA DENDE O PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

 O mércores 17 de novembro tivemos a gran fortuna de contar con Suso, exalumno da nosa escola e pai de Aixa, alumna de 5ºA.

Contounos un pouco como era o colexio na súa época de estudante  e como e biólogo e traballa no PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS fíxonos un percorrido pola flora e fauna dos distintos ecosistemas que alí se poden atopar.

 


Resultou unha charla moi interesante e aprendemos moitas cousas novas.

Neste enlace pódese acceder ao blog de 5º de primaria onde se atopa toda a información relacionada con esta visita: 

BLOG 5º PRIMARIA


martes, 16 de novembro de 2021

AS FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS DE VICTORIA GARCÍA

Co gallo do 50 aniversario da escola, un grupo de rapaces e rapazas de 6º elaboraron o guíon para entrevistar a Victoria García, antiga mestra do colexio que publicou un libro chulísimo "AS FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS"

 A entrevista tivo lugar na nosa radio "A VOZ DA PEDRA" 

 

Aquí vos deixo o audio para que poidades escoitala:

domingo, 14 de novembro de 2021

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

 Co gallo do noso proxecto deste curso O 50 ANIVERSARIO da nosa escola, convidamos a Arturo, un exalumnno moi especial por varios motivos:

1.- A súa traxectoria profesional que encaixa á perfección neste mes de novembro; o mes da ciencia xa que é contramaestre no buque oceanográfico Ángeles Alvariño.

2.- Por se isto non é suficiente, acaba de chegar da Palma. Ali estivo traballando co seu barco no volcán Cumbre Vieja onde están investigando o impacto que a erupción está tendo no océano. 

 
3.- E por último é un exalumno que viviu os primeiros anos de funcionamento da nosa escola. Arturo falounos da súa experiencia como alumno deste cole.  
  • Contounos que había clases mañá e tarde. Ao mediodía marchaban a casa a comer e despois tiñan que volver á escola.   
  • Acordábase dalgunhas das súas mestras e mestres, como Doña Elisa ou Don Manuel. Chamounos moito a atención que os chamaran de Doña e Don.  
  • No recreo, explicounos que no patio de terra xogaban ao galope, aos trompos ou ás canicas. Na pista, que aínda existe, xogaban ao fútbol. 
  • Díxonos que, por aquel entón, nin os pais nin as nais viñan traelos. A rapazada maior traía aos pequenos e pequenas ata o centro.

No blog de 4º de primaria temos máis información desta interesantísima visita coa que comezamos o noso proxecto MEDRANDO XUNT@S NA PEDRA

sábado, 13 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

 O mércores 10 de novembro foi a data elixida para celebrar o MAGOSTO no cole de primaria e o 12 de novembro no cole de infantil.

Nesta ocasión, aínda que todavía non o celebramos con normalidade total si que o fixemos xuntandonos no patio da escola por niveis. 

Grazas a ASOCIACIÓN CORREDOIRAS que nos prestou un montón de xogos tradicionais e á boa organización dos profes de Educación Física descubrimos xogos moi divertidos. 


 

Tamén tivemos degustación de castañas asadas grazas ao noso castañeiro particular RAMÓN que as fixo, coma sempre, riquísimas.

 


Nos enlaces que vos deixo a continuación podese acceder aos blogs dos distintos niveis onde nos contan, máis polo miúdo, como foi ese día:

LARETAS

TRASNOS A PEDRA

FURABOLOS DA PEDRA

1º PRIMARIA 

2º PRIMARIA 

4º PRIMARIA 


 

xoves, 11 de novembro de 2021

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Ola amiguiñxs:

Que tal o San Martiño? Espero que o pasarades moi ben.

Quero lembrarvos que este mes de novembro é o mes da ciencia en galego. Por iso montamos no Bibliocastelo unha exposición con libros de ciencia en galego.


Vouvos deixar un vídeo con experimentos moi interesantes. Se facedes algún nas vosas casas ou no cole, gustaríame que mandásedes fotos e que me contásedes que vos pareceu a experiencia.

Animádevos a exparimentar!!!

 O noso alumnado xa está empezando a experimentar coa ciencia: 

EXPERIMENTOS -1º PRIMARIA

ERUPCIÓN VOLCÁNICA-2º PRIMARIA 

PROXECTO: OS VOLCÁNS - 4º PRIMARIA

EXPERIMENTO VOLCÁNS-6º PRIMARIA


Biquiños

xoves, 4 de novembro de 2021

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Durante a semana do luns 25 ata o 29 de outubro o Bibliocastelo engalanouse para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Esta conmemoración vense celebrando dende 1997 impulsada pola .Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.

Este ano o lema é "BIBLIOTECAS: LER, APRENDER, DESCUBRIR" como se pode ver no cartel conmemorativo.

Ademais, a nosa mascota está de aniversario polo que tivemos dobre celebración. 

Para dar comezo a esta data tan sinalada. Papirus enviou unha carta  ao alumnado na que lles daba a benvida a  este curso e presentaba o novo proxecto que está moi relacionado coas celebracións xa que a nosa escola está de 50 ANIVERSARIO.




 
 

 Todo o alumnado do centro visitou o Bibliocastelo para darlle os parabéns e achegarlle algúns agasallos

O alumnado de 5º de infantil trasladouse ao cole de primaria para coñecer o Bibliocastelo por primeira vez, xa aue o curso pasado por mor da pandemia, non tivo ocasión de facelo. Preme nesta imaxe para saber como prepararon a súa visita e o ben que o pasaron.

TRASNOS

PELOUROS

FURABOLOS

1º PRIMARIA


2º PRIMARIA

6º PRIMARIA 

 Papirus tamén tivo agasallos para a súa adorada rapazada. El mesmo deseñou uns marcapáxinas que o alumnado personalizou ao seu gusto.




 Por último a nosa querida mascota animouse a empregar a impresora 3D e sorprendeunos a todos con este pequeno detalle para decorar as nosas aulas.



luns, 1 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021

 Toda a escola participou na confección do mural da entrada do cole que este ano baixo o lema 50 ANOS MEDRANDO NA PEDRA reflicte un conxunto de fiestras abertas a cada unha das aulas do noso cole.

Este ano retomamos a EXPOSICIÓN DE CABAZAS na entrada da nosa escola de primaria e como estamos de 50 ANIVERSARIO esa foi a temática. 

 

E coma sempre o noso alumnado e as súas familias volveu a superar todas as nosas expectativas coa súa creatividade.

Aquí vos deixamos algúns enlaces onde se pode ver como gozaron deste día nos distintos niveis:

LARETAS A PEDRA

TRASNOS

PELOUROS DE BUEU 

FURABOLOS A PEDRA 

1º PRIMARIA 

2º PRIMARIA 

4º PRIMARIA 

Menudos artistas estades feitos


 

venres, 29 de outubro de 2021

CORRELINGUA 2021

 Por mor da pandemia, tivemos un CORRELINGUA un pouco diferente. Como este ano tocaba celebralo na vila de Bueu, o noso centro foi invitado a participar nun concerto do grupo MÚSICA MIUDA que se celebrou no Centro Social do Mar o 29 de outubro.

Os nenos/as de 5º e de 6º de infantil e os de 1º e 2º de primaria gozaron en vivo da súa música e do MAGO FRAN REY presentador do evento que ademais nos sorprendeu con algúns trucos de maxia.

Moitos outros rapaces e rapazas doutros cursos e centros puideron seguir a celebración a través das pantallas. Neste video baixo o lema INMUNIZATE CO GALEGO pódese ver o concerto ao completo.

Nestes enlaces que veñen a continuación pódese ver como o viviu a rapazada de A Pedra:

TRASNOS A PEDRA

PELOUROS DE BUEU

OS FURABOLOS DA PEDRA 

1º PRIMARIA 

Como me gustou o espectáculo!!! 


sábado, 23 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

 O día 15 de outubro celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS organizando no Bibliocastelo unha exposición bibliográfica de autoras en lingua galega.


 Nas titorías levaronse a cabo diferentes actividades relacionadas cos libros desta exposición. Premede nas imaxes para acceder ao contido de cada nivel:

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA
 
 
4º PRIMARIA
 
 
6º PRIMARIA
A rapazada de 6º de primaria fixo algunhas gravacións na radio A VOZ DA PEDRA

mércores, 22 de setembro de 2021

"DONA LANDRA NO RÍO REVOLTO" 1º PREMIO GALA ESCOLAS FIC

O pasado domingo 20 de setembro o alumnado de 2ºB achegouse ao Centro Social de Bueu para asistir á Gala Escolas do FIC, festival ao que estaban nominados como finalistas pola curta elaborada o curso pasado "Dona Landra no Río Revolto" que finalmente recibiu un ben merecido 1º PREMIO. 

Noraboa aos nenos/as e á súa mestra polo gran esforzo e traballo!!!


 

Aquí vos deixo algúns enlaces para completar este inesquecible día:

  • Para ver a gala completa preme nestas imaxes:



  • Para saber como viviron os protagonistas ese día preme nesta imaxe:

A PEDRA VAI AO FIC

 A semana pasada o noso alumnado tivo a sorte de poder asistir á 14ª edición do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) no Centro Social de Bueu.

 

Aquí vos deixo uns enlaces para que saibades como o viviron dende cada nivel os nosos rapaces/zas:

5º INFANTIL

6º INFANTIL

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA 

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA