mércores, 22 de setembro de 2021

"DONA LANDRA NO RÍO REVOLTO" 1º PREMIO GALA ESCOLAS FIC

O pasado domingo 20 de setembro o alumnado de 2ºB achegouse ao Centro Social de Bueu para asistir á Gala Escolas do FIC, festival ao que estaban nominados como finalistas pola curta elaborada o curso pasado "Dona Landra no Río Revolto" que finalmente recibiu un ben merecido 1º PREMIO. 

Noraboa aos nenos/as e á súa mestra polo gran esforzo e traballo!!!


 

Aquí vos deixo algúns enlaces para completar este inesquecible día:

  • Para ver a gala completa preme nestas imaxes:



  • Para saber como viviron os protagonistas ese día preme nesta imaxe:

A PEDRA VAI AO FIC

 A semana pasada o noso alumnado tivo a sorte de poder asistir á 14ª edición do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) no Centro Social de Bueu.

 

Aquí vos deixo uns enlaces para que saibades como o viviron dende cada nivel os nosos rapaces/zas:

5º INFANTIL

6º INFANTIL

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA 

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA

luns, 13 de setembro de 2021

BENVIDA AO NOVO CURSO 2021/22

 Ola amiguiñxs:

Xa estamos de volta para comezar unha nova andaina. 

O primeiro que me gustaría e darvos a benvida a todxs a este novo curso que estou convencido de que vai ser moito mellor que o anterior. 

Ademais quero que saibades que a partires de agora os blogues do BIBLIOCASTELO e do EDLG van publicar as entradas conxuntas e poderedes consultalas todas aquí.

Por último, informarvos de que estamos de ANIVERSARIO, xa que o noso colexio cumpre 50 ANOS e imos celebralo por todo o alto.

 Conto con vos, verdade???